Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49146

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (26/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 26/2013.

Demandante: Venancio Martínez Alfaya.

Avogado: Alberto Gallego Rivera.

Procuradora: Sagrario Queiro García.

Demandada: Padronesa de Servicios Integrales, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 26/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Venancio Martínez Alfaya contra a empresa Padronesa de Servicios Integrales, S.L. sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto de aclaración en data 29 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Acordo:

1. Estimar a solicitude de aclarar o decreto ditado neste procedemento con data 16 de xullo de 2013 no sentido que se indica a continuación:

Na parte dispositiva, onde di:

“Declarar o executado Padronesa de Servicios Integrales, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 42.557,25 en concepto de principal (18.583,24 € de indemnización + 23.974,01 € de salarios de tramitación), máis 7.869,26 euros de xuros de mora, máis 5.042,65 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional”.

Debe dicir:

“Declarar o executado Padronesa de Servicios Integrales, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 50.426,51 euros (18.583,24 € de indemnización + 23.974,01 € de salarios de tramitación + 7.869,26 € de salarios ordinarios e xuros do artigo 29.3 do ET), máis 5.042,65 € que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional”.

2. Acordo incorporar esta resolución ao libro correspondente e levar testemuño aos autos.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, telefax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este decreto non cabe interpor recurso, sen prexuízo do que se puidese interpor fronte á resolución aclarada.

A secretaria xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial».

E para que lle sirva de notificación a Padronesa de Servicios Integrales, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013

A secretaria xudicial