Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49144

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (43/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 43/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Xosé Manuel Otero Ferreiro contra a empresa Yampier y Daniel, S.C. e José Ramón Otero Ferreiro, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial: Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013.

Presentado o anterior escrito pola letrada Lourdes Castelo Sesar, únese á execución da súa razón.

Téñense por feitas as manifestacións contidas nel e, conforme prevén o artigo 238 da LPL, sinálase para comparecencia o día 10 de febreiro de 2014 ás 8.55 horas, co fin de resolver sobre a cuestión do despacho de execución contra José Ramón Otero Ferreiro e Yampier y Daniel, S.C., interesada pola executante, facéndolles saber ás partes que deberán comparecer cos medios de proba de que intenten valerse.

Cítese a executante por fax, a Yampier y Daniel, S.C. polo DOG, a José Ramón Otero Ferreiro por correo certificado con xustificación de recepción e a Fogasa a través de Lexnet.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución contra a que se recorre.

A secretaria xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de citación a Yampier y Daniel, S.C., para a comparecencia que terá lugar o día 10 de febreiro de 2014, ás 8.55 horas, na sala de audiencias deste xulgado, sita na sala 3 da planta baixa do edificio dos xulgados, na rúa Berlín, s/n, polígono de As Fontiñas, Santiago de Compostela, expídese o presente edicto.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

A secretaria xudicial