Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49142

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (182/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 182/2013.

Demandante: Jesús Rodríguez Vázquez.

Avogada: Marisol Romero Salgado.

Demandado: Escayolas Gasamans, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 182/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rodríguez Vázquez contra a empresa Escayolas Gasamans, S.L., sobre despedimento, se ditou auto e decreto en data 14.11.2013, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Jesús Rodríguez Vázquez coa empresa Escayolas Gasamans, S.L. e condeno a dita empresa a aboarlle ao demandante, en concepto de indemnización, 15.734,56 euros e 17.210,39 euros en concepto de salarios de tramitación.

No caso de non se proceder ao cumprimento desta resolución, continúe a presente execución como pecuniaria polo importe total de 32.944,95 euros máis 3.294,49 euros que se orzan para xuros e custas da execución, sen prexuízo da súa ulterior liquidación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e ao Fogasa facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que lle sirva de notificación a Escayolas Gasamans, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

A secretaria xudicial