Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 22 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores na orde social RL 2007/436-1 e catro máis.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que fose posible, por medio desta cédula, e de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, notifícaselles a resolución recaída nos expedientes sancionadores correspondentes. Fáiselles saber que no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poderán interpoñer recurso de alzada, ante o director xeral de Traballo e Economía Social, advertíndolles que, de non ser interposto en tempo e forma, deberán aboar a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Xefatura Territorial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Expediente: RL 2007/436-1.

Acta inf.: 794/07.

Empresa: Pleycor Coruña, S.L.

NIF: B15616766.

Enderezo: rúa Camiño do Martinete, s/n, A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigo 4, puntos 1, 3 e 4, do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.3.c) e 40.2.b) do dito texto legal.

Data resolución: 8.11.2013.

Resolución: reducir a acta de infracción e impoñer á empresa Pleycor Coruña, S.L. unha sanción por importe de douscentos euros (200 €).

Expediente: RL 2013/281-1.

Acta inf.: I152013000061071.

Empresa: Sertran Noroeste, S.L.

NIF: B70263827.

Enderezo: avenida Ferrol, 73, 4º A, 15706 Santiago de Compostela.

Materia: traballo (atraso aboamento salarios).

Normativa infrinxida: artigos 4.f) e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39 e 40 do dito texto legal.

Data resolución: 30.8.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Sertran Noroeste, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente: RL 2013/259-1.

Acta inf.: I152013000067741.

Empresa: Palabra Nupcial, S.L.

NIF: B70288550.

Enderezo: avenida de Brasil, 30, 15840 Santa Comba.

Materia: traballo (incumprimentos en materia de traballo e seguridade social).

Normativa infrinxida: artigos 4.2.f), 29.1, 34.1, 34.2, 34.3, 34.6 e 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 5, 7, 12 e 24 do Convenio colectivo de comercio vario da Coruña 2008-2011.

Tipificación: artigos 5.1 e 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de acordo cos artigos 39.1 e 40.1.b) do dito texto legal.

Data resolución: 20.9.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Palabra Nupcial, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente: RL 2013/383-1.

Acta inf.: I152013000082188.

Empresa: Inrola, S.L.

NIF: B15017437.

Enderezo: estrada A Coruña-Fisterra, km 5.1, Meicende, Arteixo.

Materia: traballo (incumprimentos en materia salarial).

Normativa infrinxida: artigos 1.1 e 1.2, 4.2.f), 20, 26, 29.1 e 31 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, en relación cos artigos 9, 10, 13 e 14 do Convenio colectivo estatal de estacións de servizo.

Tipificación: artigos 5.1 e 8.11 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade co artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal.

Data resolución: 8.10.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Inrola, S.L. unha sanción por importe de nove mil euros (9.000 €).

Expediente: RL 2013/366-1.

Acta inf.: I152013000046523.

Empresa: Trach Oleksandr.

NIF: 237561379.

Enderezo: rúa do Moinho, Seixal, 3 (Portugal).

Materia: traballo (falta de comunicación de desprazamento transnacional de traballadores).

Normativa infrinxida: artigo 5.1 da Lei 45/1999, do 30 de novembro.

Tipificación: artigo 10.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, de conformidade cos artigos 39.1 e 40.1.c) do dito texto legal.

Data resolución: 26.8.2013.

Resolución: confirmar a acta de infracción e impoñer á empresa Trach Oleksandr unha sanción por importe de seis mil douscentos cincuenta e un euros (6.251 €).

A Coruña, 22 de novembro de 2013

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña