Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 20 de decembro de 2013 Páx. 49173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 144/2013).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CT, RBT Soñeiro.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,642 km, coa orixe na cela libre do CT Mandín Vilabranca (expediente 87/06), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al, e final na cela libre do CT Urbanización Xardín de Mandín (expediente 79/03).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,335 km, coa orixe no apoio existente HV-13-1000 da liña SMC716-Pontedouro-As Pedreiras 16, en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240) Al e final no CT proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT proxectado cunha lonxitude de 1,125 km, en condutor RZ.

Liña de baixa tensión soterrada con orixe no CT proxectado, cunha lonxitude de 0,903 km, en condutor XZ1.

Liña de baixa tensión aérea con orixe no CT urbanización Xardín de Mandín, cunha lonxitude de 0,250 km, en condutor RZ.

Liña de baixa tensión soterrada con orixe no CT urbanización Xardín de Mandín, cunha lonxitude de 0,154 km, en condutor XZ1.

Liña de baixa tensión soterrada con orixe no CT Mandín II, cunha lonxitude de 0,020 km, en condutor XZ1.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e o ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 26 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña