Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 49007

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Paradela

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan de sectorización do sector industrial A do concello.

En cumprimento do establecido no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, faise público o acordo, adoptado polo Pleno en sesión que tivo lugar o 30 de maio de 2013, de aprobación definitiva do Plan de sectorización do sector industrial A, Concello de Paradela, no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no Boletín Oficial da provincia.

Comunicar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas este acordo, dándolle traslado dunha copia autenticada do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciados polo secretario do concello, facendo constar esta cuestión.

Contra o acordo de aprobación definitiva, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Paradela, 13 de decembro de 2013

José Manuel Mato Díaz
Alcalde presidente