Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 49005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Laxe

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Soesto.

1). O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de novembro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Soesto, tramitado por instancia de Juan Carlos Pérez Dourado e Rafael Solórzano Sáez de Cenzano, e segundo o proxecto redactado polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos, Mónica Mesejo Conde, Iria Pérez Miranda e Ignacio Lázaro Quintela.

Segundo. Aprobar definitivamente o convenio urbanístico para a obtención da vía por cesión gratuíta e libre de cargas ao concello de Laxe, debidamente urbanizado, o cal tamén estivo sometido a exposición pública xunto co expediente de tal estudo de detalle nos medios públicos anteriormente citados.

Terceiro. Publicar o acordo no Diario Oficial de Galicia e o articulado das normas do estudo de detalle, así como tamén o acordo correspondente, no Boletín Oficial da provincia, todo iso no prazo dun mes contado desde a súa aprobación (artigo 92.2 da LOUG).Farase constar que non entrará en vigor ata que se publique completamente o seu texto e transcorra o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Cuarto. Ordenarlle ao secretario da Corporación que dilixencie os planos e documentos aprobados definitivamente.

Quinto. Comunicar a aprobación definitiva á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), á vez que se lle dará traslado dunha copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o estudo de detalle.

Recursos: este acordo será impugnable mediante:

– Recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano municipal que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao desta publicación, ou directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses.

– Pódese exercer, de ser o caso, calquera outro que se considere procedente.

2) De acordo co sinalado no artigo 92.2 da LOUG, publicouse no BOP número 226, do día 27 de novembro de 2013, o texto dos documentos que o integran e plano de planta proposto.

3) En cumprimento do disposto no artigo 92.3 da LOUG, o acto de aprobación definitiva de tal documento foi comunicado á CMATI o día 14 de novembro de 2013.

Laxe, 27 de novembro de 2013

Antonio Carracedo Sacedón
Alcalde