Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 19 de decembro de 2013 Páx. 49004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castrelo de Miño

ANUNCIO de información pública sobre obra de ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Castrelo de Miño.

José Castro Rodríguez presentou solicitude de licenza para levar a cabo as obras de ampliación do cemiterio parroquial de Santa María de Castrelo de Miño en solo clasificado urbanisticamente como solo urbano segundo as normas subsidiarias de planeamento de Castrelo de Miño. En cumprimento do disposto polo artigo 52 do Decreto 134/1998, do 23 de abril, sobre policía sanitaria mortuoria, e o disposto polo artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este prazo –contado desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou as observacións que consideren oportunas.

Prazo, lugar e horario de consulta da documentación: o expediente poderase consultar durante o prazo de vinte días hábiles, no Servizo de Urbanismo do concello, das 8.30 ás 14.30 horas.

Castrelo de Miño, 11 de novembro de 2013

Alfredo Fernández Rodríguez
Alcalde en funcións