Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 25 de novembro de 2013 pola que se notifica o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de febreiro de 2012 que fixa o prezo xusto do predio número 1 sito en Ourense, relativo ao proxecto 00783 (expediente 2009/006242).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Eva María Nanín Carril o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 2 de febreiro de 2012, que fixa o prezo xusto do predio nº 1 sito en Ourense, relativo ao proxecto 00783, expediente 2009/006242, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 00783 obtención de terreos zona verde/espazo libre fronte a vivendas avda. de Zamora, r/ Vasco Díaz Tanco, Dr. Cabaleiro e Recanto da Rosa. Expte. 256/09. T.M. Ourense.

Nº expediente: 2009/006242.

Persoa que se notifica: Eva María Nanín Carril.

Expropiante: Concello de Ourense (Neg. de Xestión Urbanística).

Expropiada: María del Carmen Rodríguez Diéguez.

Beneficiario: Concello de Ourense (Neg. de Xestión Urbanística).

Predio nº: 1.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Valoración da resolución do Xurado: 26.278,32 €.