De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.
2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente rexeitado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
3. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto: 00699, mellora da seguridade viaria na AC-841. Treito: Os Tilos-A Ramallosa, p.q. 1,400 ao p.q. 8,060.
Clave: AC/06/138.06.
Concello: Teo.
Provincia: A Coruña.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Beneficiaria: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas da Coruña.
Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.
Persoa que se notifica |
Data do acto que se notifica |
Nº expediente |
Predio |
Prezo xusto (€) |
María José Freire-Garabal Núñez Manuel López Pérez Jeso, S.L. |
11.7.2013 11.7.2013 11.7.2013 |
2011003181 2011003856 2011003857 |
89 123 CO 167 |
2.610,30 1.169,84 29.483,58 |