Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de administración de ferramentas de apoio a procesos ITIL na Consellería de Sanidade (AB-SER1-14-006).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 36 35.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-14-006.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de administración de ferramentas de apoio a procesos ITIL na Consellería de Sanidade.

c) División por lotes: non.

d) Prazo de execución/entrega: 12 meses desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72260000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B):

Proposta de prestación de servizo e metodoloxía de traballo que se vai utilizar.

Criterios valorables automaticamente (sobre C):

Oferta económica.

Valores e horario de prestación de servizo.

0-45

0-40

0-15

4. Valor estimado do contrato: 87.210 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 43.605 euros. Importe total: 52.762,05 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da licitación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver cláusula 5.3.1 e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincidise en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte co de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos