Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48794

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Punxín

ANUNCIO de licitación da xestión indirecta do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento.

De conformidade co acordo plenario do 10 de decembro de 2013, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, e tramitación urxente, da xestión indirecta, mediante concesión, do servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento do concello de Punxín, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Punxín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Secretaría.

2) Domicilio: rúa Forxa, 24.

3) Localidade e código postal: Punxín 32456.

4) Teléfono: 988 28 00 32.

5) Telefax: 988 28 00 43.

6) Correo electrónico: concellodepunxin@yahoo.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.depourense.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: 10 primeiros días do prazo de presentación de proposicións e documentación.

d) Número de expediente: XSP1/2013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: xestión indirecta mediante concesión.

b) Descrición: xestión de servizo público de abastecemento domiciliario de auga potable e saneamento do concello de Punxín.

c) Prazo: 5 anos.

d) Admisión de prórroga: si.

e) CPV: 65110000-4 e 90400000-1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os que figuran na cláusula XIII do PCAP:

Para os efectos da adxudicación deste contrato, teranse en consideración os seguintes criterios, coa ponderación, por orde decrecente de importancia, que se indica:

Achega económica municipal complementaria, ata un máximo de 50 puntos, asignándolle 50 puntos ao licitador que demande do municipio a menor achega e aos demais a que corresponda de acordo coa seguinte regra:

Puntuación de A = menor achega demandada (en euros) × 50 puntos

                                         achega (en euros) demandada por A

Proposta técnica, de 0 a 10 puntos, a xuízo técnico motivado e coa seguinte desagregación:

• De 0 a 2 puntos pola proposta de xestión e organización do servizo, considerando os medios adscritos e de apoio e a profesionalidade e a racionalidade da proposta.

• De 0 a 3 puntos polo plan de emerxencias, que se avaliará só se dá resposta ao contido estipulado na cláusula IX, sobre 2 alínea b) do PCAP e en relación coas propostas dos demais oferentes.

• De 0 a 3 puntos polas propostas de xestión comercial, avaliándose exclusivamente no sentido indicado na cláusula IX, sobre 2 alínea c) do PCAP e en relación coas propostas dos demais oferentes.

• De 0 a 2 puntos polo plan de eficiencia hidráulica, especialmente no relativo ás garantías de presión e caudal e en relación coas propostas dos demais oferentes.

4. Valor estimado do contrato: 120.369,88 euros/año, IVE incluído.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 75.000 euros.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e técnica: segundo o disposto na cláusula IX do PCAP.

b) Outros requisitos específicos: será requisito ineludible de solvencia ter implantadas e en vigor nalgunha das concesións similares xestionadas polo licitador os certificados ISO 9001-2000, ISO 14.000, ISO 22.000 e ISO 50.000.

7. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: 20 días naturais contados desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

b) Documentación: a establecida na cláusula IX do PCAP.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Punxín.

8. Cualificación da documentación xeral e apertura de ofertas:

a) Data e hora: o día seguinte hábil (excepto sábados) a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións ás 11.30 horas; se non existiren deficiencias, apertura do sobre número 2 ás 12.00 horas do mesmo día.

b) Lugar: salón de sesións da Casa do Concello de Punxín.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario ata un máximo de 3.000,00 euros.

10. Outras informacións:

As establecidas nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que figuran no expediente e que están á disposición dos licitadores.

Punxín, 11 de decembro de 2013

Manuel Vázquez Fernández
Alcalde