Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48791

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

RESOLUCIÓN mediante a que se anuncia procedemento aberto para a contratación das obras do proxecto de urbanización da vía de acceso ao barrio do Cuco.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: servizo de contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1) Dependencia: servizo de contratación.

2) Domicilio: praza do Trigo, nº 2-3º.

3) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4) Teléfono: 988 26 93 33.

5) Fax: 988 22 14 94.

6) Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: ref. 2275.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, das obras do proxecto de urbanización da vía de acceso ao barrio do Cuco.

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45233226-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación: o único criterio de adxudicación é o prezo.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 289.256,20 euros. IVE: 60.743,80 euros. Importe total: 350.000,00 euros.

5. Garantías exixidas.

a) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económico-financeira: a que se sinala no artigo 9 do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 9 de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 5 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: rexistro xeral.

2. Domicilio: praza Maior, núm. 1.

3. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4. Enderezo electrónico: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: 2 meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, núm. 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade. O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 10 de decembro de 2013

Agustín Fernández Gallego
Alcalde