Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48798

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial de estudo de detalle.

Aprobado inicialmente o 22 de novembro de 2013 o estudo de detalle redactado por instancia de Ignacio Saper Cimorra, referido ao restablecemento da aliñación orixinal do muro perimetral dos predios situados na rúa Ibáñez, 29-31 desta vila, co obxecto de completar e/ou reaxustar as aliñacións e rasantes, ordenar os volumes edificables e concretar as condicións estéticas e de composición da edificación complementarias do planeamento.

En cumprimento da Resolución da Alcaldía do 22 de xaneiro de 2013 e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública por un prazo de trinta días contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Ribadeo, 22 de novembro de 2013

Fernando Suárez Barcia
Alcalde