Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48799

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre supermercado (expediente 40808/422).

Lidl Supermercados, S.A.U. solicitou da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo a licenza de obra e licenza de actividade para supermercado, que se situará na avenida da Florida, nº 108 (expediente 40808/422).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios da Xerencia Municipal de Urbanismo, para que quen se considere afectado dalgún xeito pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno.

O prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematará transcorridos vinte días desde o día seguinte ao publicación do último anuncio. O expediente atópase á disposición do público en xeral e pódese consultar na oficina de Arquivo e Control da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia, sito na praza do Rei, 4, Vigo).

Vigo, 22 de novembro de 2013

Mª del Carmen Silva Rego
Concelleira delegada da Área de Urbanismo, Cascos Históricos,
Grandes Proxectos e Patrimonio