Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48787

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de expropiación parcial do local situado na rúa Noia, 65, para a substitución do ascensor no edificio e a mellora das condicións de accesibilidade.

O tenente de alcalde, responsable da Área de Medio Ambiente, Infraestruturas e Territorio, o 28 de outubro de 2013, por delegación do alcalde a través de decreto do 13 de xuño de 2011, emitiu o decreto no cal se aproban os seguintes puntos:

«Decreto:

Primero. Incoar o expediente de expropiación e aprobar inicialmente a expropiación parcial do local comercial situado no baixo esquerda da rúa Noia, 65, cuxa relación de bens e dereitos afectados é:

A) Propiedade afectada pola expropiación.

Ben: local comercial planta baixa esquerda.

Predio rexistral: 55.205, inscrito no tomo 929, libro 929, folio 28, do Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña.

Titular rexistral: Perfecto Maceiras Torres e Delfina Rabuñal Vázquez (titulares do 50 % con carácter ganancial) e Gerardo Taboada Mosquera e Antonia Pérez Ruzo (titulares do 50 % con carácter ganancial).

Referencia catastral: 7708305NJ4070N0002LU.

Titulares catastrais: Delfina Maceiras Rabuñal, María Bodelón Maceiras e Cristina Bodelón Maceiras.

Interesadas: Delfina Maceiras Rabuñal, María Bodelón Maceiras e Cristina Bodelón Maceiras.

Tipo afección: parcial.

Superficie afectada: 3 m2.

Valoración: tres mil oitocentos sesenta e dous euros con sesenta e seis céntimos.

Valoración: 3.678,72 €.

5 % premio de afección: 183,94 €.

Valoración total do prezo xusto: 3.862,66 €.

B) Outros dereitos afectados: indemnización por lucro cesante temporal á arrendataria Manel Selección, S.A.

Perda de ingresos de alugamento por cinco días de traballo no local comercial para facer o tabique divisorio: 255,78 € (incluído o 5 % premio de afección).

Valoración: 243,60 €.

5 % premio de afección: 12,18 €.

Valoración total do prezo xusto: 255,78 €.

Total: 4.118,44 €.

Segundo. Ao abeiro do establecido no artigo 118.2 da Ordenanza de conservación e rehabilitación de inmobles do concello da Coruña, o expediente tramitarase polo procedemento de taxación conxunta.

Terceiro. O expediente someterase a información pública polo prazo dun mes mediante a inserción dun anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, e estará exposto na oficina municipal de Rehabilitación deste concello. Así mesmo, a taxación notificarase individualmente aos que aparezan como titulares de bens ou dereitos.

Cuarto. Requirir á comunidade de propietarios do edificio situado na rúa Noia, 65 (CIF H15316870), en calidade de beneficiario do expediente expropiatorio, que con anterioridade á aprobación definitiva do expediente efectúe un depósito ou aval bancario do 20 % da valoración que se aproba neste expediente, que ascende a oitocentos vinte e tres euros con sesenta e nove céntimos (823,69 €)».

O que se publica para os efectos de inicio do trámite de información pública, consonte o artigo 143.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que dispón:

«2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será exposto ao público polo prazo dun mes, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A Coruña, 13 de novembro de 2013

P.D.
Martín Fernández Prado
Tenente de alcalde responsable da Área de Medio Ambiente,
Infraestruturas e Territorio