Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48704

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3364/2011-GZ).

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección 001 desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3364/2011 desta sección, seguido por instancia de Ferroarcos, S.L. contra Eugenio Domínguez Morais, Fogasa, Construcciones y Promociones Laxe Compostela, S.L., José Arca Vite, sobre reclamación de cantidade, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola empresa codemandada Ferroarcos, S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, nos presentes autos sobre reclamación de cantidade tramitados por instancia do demandante José Arca vite, contra a referida recorrente e os tamén demandados Eugenio Domínguez Morais e a entidade Construcciones y Promociones Laxe Compostela, S.L., debemos confirmar e confirmamos a devandita sentenza.

E déase aos depósitos constituídos o destino legal.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala n.º 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eugenio Domínguez Morais, Construcciones y Promociones Laxe Compostela, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

A secretaria xudicial