Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 18 de decembro de 2013 Páx. 48706

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1040/2011).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 1040/2011 desta sección, seguido por instancia de Mutua Midat Cyclops, Eloy Martínez Besteiro contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fernández Contreras Granitos, S.A., Lemos Romero, S.L., Rocas de Porriño, S.L., Mutua Fremap, Asepeyo, mutua de A.T. e E.P. da Seguridade Social número 151, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Granitos Fernández y González, S.L., Extraga, S.L., Graniatios, S.L., Admón. concursal Rocas de Porriño, S.L., Manuel Martínez Rodríguez, Gragonfer, S.L., Gramorper Extracciones, S.L., sobre accidente, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos os recursos de suplicación formulados polo demandante Eloy Martínez Besteiro e pola codemandada Mutua Midal Cyclops contra a sentenza ditada o 28.5.2010 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos nº 874/2009 sobre invalidez por enfermidade profesional, seguidos polo citado demandante contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Midat Cyclops, Fremap, Mutua Gallega, Asepeyo e as empresas Rocas de Porriño, S.L., o seu administrador concursal José Luis González Cuenca e Manuel Martínez Rodríguez; Fernández Contreras Granitos, S.L., Lemos Romero, S.L., Graniatios, S.L., Granitos Fernández y González, S.L., Gragonfer, S.L., Extraga, S.L., Gramorper Extracciones, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

En canto a depósito e custas, obsérvese o acordado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, modificada polo Real decreto lei 3/2013, do 22 de febreiro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro, modificada pola Orde HAP/490/2013, do 27 de marzo.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Granitos Fernández y González, S.L., Extraga, S.L., Gragonfer, S.L., Gramorper Extracciones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2013

A secretaria xudicial