Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1241/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1241/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Celia Boo Vázquez contra a empresa Limpiezas Celeste, S.L., Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimando substancialmente a demanda interposta por María Celia Boo Vázquez contra Limpiezas Celeste, S.L., debo deixar sen efecto a medida de modificación do salario da demandante adoptada pola mercantil Limpiezas Celeste, S.L. no mes de setembro de 2009, e debo declarar e declaro o dereito da demandante previo á súa xubilación a continuar nas súas anteriores condicións de traballo con realización efectiva de 35 horas semanais de traballo efectivo e percepción das súas retribucións mensuais a razón de xornada completa de 39 horas semanais, e en consecuencia debo condenar e condeno a demandada a estar e pasar por esta declaración e a aboarlle á demandante as diferenzas salariais devindicadas con anterioridade á súa xubilación por importe total de tres mil oitocentos quince euros con setenta e un céntimos (3.815,71 €).

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observase o previsto no artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.»

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Celeste, S.L., actualmente en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

A secretaria xudicial