Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (173/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 173/2013 e acumuladas deste xulgado do Social, seguido por instancia de Sergio García García, Juan Antonio Pérez Martínez, Joaquín Formoso López, Santiago Barral Santos, Esther Pais Pazos contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre ordinario, se ditou auto e decreto con data do 25 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva, é do seguinte teor literal:

Parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Esabe Vigilancia, S.A. en situación de insolvencia parcial por importe de 6.193,96 euros de principal [5.918,89 euros de indemnización (462,09 euros a Joaquín Formoso López; 109,46 euros a Santiago Barral Barral + 610,92 euros a Juan Antonio Pérez Martínez + 1.469,02 euros a Sergio García García + 3.267,40 euros a Esther Pais Pazos) máis 275,07 euros de xuros de mora (46,82 euros a Joaquín Formoso López + 18,68 euros a Santiago Barral Barral + 209,57 euros a Esther Pais Pazos)] máis 691,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros, gastos e custas, máis 600 euros de honorarios dos letrados das partes executantes, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Inscribilo no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e testemuño á presente execución.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Contra esta resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 5076 en Banco Español de Crédito, debendo indicar no campo concepto, “recurso” seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, coa indicación “recurso” seguida do “31 Social- Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorreu, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Esabe Vigilancia, S.A., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2013

A secretaria xudicial