Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 17 de decembro de 2013 Páx. 48428

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (621/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 621/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Abel Corredoira contra Autotracción Lugo, S.L. e o seu administrador concursal Manuel Castro Soilán, Fermotor, S.L., Autotracción Bierzo, S.L., Lesauto, S.L., Astur Leonesa de Automoción, S.L., Prinlecar, S.L., Asturdiesel, S.L.U., Prinsa Motor, S.L., Astur Leonesa del Motor, S.L., Talleres La Serna, S.L. e Portillo Motor, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é o seguinte:

Que, estimando a demanda interposta por José Abel Corredoira, asistido polo graduado social Sr. Varela López, contra as empresas Fermotor, S.L., representada por Ana Belén Fernández Robles e asistida polo letrado Sr. Casas San José; Autotracción Bierzo S.L., Lesauto S.L., Astur Leonesa de Automoción S.L., Prinlecar, S.L., Asturdiesel, S.L.U., Prinsa Motor S.L., Astur Leonesa del Motor, S.L., Talleres La Serna, S.L., Portillo Motor, S.L. e Autotracción Lugo, S.L., así como contra o administrador concursal desta última (Manuel Castro Soilán), empresas e administrador concursal que non compareceron malia estaren citados en legal forma; e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo declarar e declaro que o despedimento da parte demandante con efectos do 16.5.2013 constitúe un despedimento improcedente, e condeno as expresadas empresas demandadas conxunta e solidariamente a que no prazo de cinco días, desde a notificación da presente resolución, opten entre a readmisión do traballador ou unha indemnización equivalente a 37.188,45 euros. No caso de readmisión, a aboar os salarios de tramitación a razón de 63,57 euros diarios. De non optar entre readmisión ou indemnización enténdese que procede a primeira. Todo iso sen prexuízo da ulterior responsabilidade que puidese alcanzar ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) nos casos legalmente previstos.

Notifíquese esta resolución ás partes coa advertencia de que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Autotracción Bierzo, S.L., Prinsa Motor, S.L. e Portillo Motor, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 22 de novembro de 2013

O secretario xudicial