Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48282

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1011/2011).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1011/2011 por instancia de José María Pousada Villar contra a empresa Remolsucar, S.L., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 18.11.2013 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolución:

Acéptase a demanda formulada por José María Pousada Villar fronte a Remolsucar, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Remolsucar, S.L. a aboarlle a José María Pousada Villar a cantidade de catro mil cento corenta e dous euros con cincuenta e tres céntimos de euro (4.142,53 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, abonda coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do prazo indicado.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao mesmo tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Remolsucar, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

O secretario xudicial