Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48280

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (469/2013).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 469/2013 por instancia de María José Corbeira Castro contra a empresa Lopher-Build, S.L. sobre despedimento, nos cales recaeu sentenza o 18.11.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Resolvo.

Estímase parcialmente a demanda formulada por María José Corbeira Castro fronte á empresa Lopher-Build, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e do Ministerio Fiscal, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada, Lopher-Build, S.L., á demandante.

– Declárase extinguida a relación laboral que une a demandante María José Corbeira Castro coa empresa Lopher-Build, S.L.

– Condénase a empresa Lopher-Build, S.L. ao aboamento da indemnización de cento trinta e catro euros con sesenta e un céntimos de euro (134,61 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Lopher-Build, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

O secretario xudicial