Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48283

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (405/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 405/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Luisa Medín Vilaboy contra a empresa Bogar Asistencia, S.L., Galicia Saudade, S.L., administración concursal de Galicia Saudade, S.L., Centro Clínico Ribadeo, S.L. e Concello de Sada, coa intervención do Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza, con data do 15 de novembro de 2013, que di literalmente:

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento interpuxo María Luisa Medín Vilaboy contra a empresa Galicia Saudade, S.L. e a súa administración concursal, Bogar Asistencia, S.L., Concello de Sada e Centro Clínico Ribadeo, S.L. e, en consecuencia, debo absolvelas das pretensións formuladas na súa contra.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da LRXS, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000 código 36 e nº de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto, sentenza ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Galicia Saudade, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

A secretaria xudicial