Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48285

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (133/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 133/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Alfredo Romero Chávez contra a empresa Ollamar 2010, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza, con data do 20 de novembro de 2013, que literalmente di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José Alfredo Romero Chávez contra a empresa Ollamar 2010, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Ollamar 2010, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 2.672,63 euros líquidos en concepto de salarios, compensación por vacacións e horas extraordinarias, incrementados co xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Advírtese o interesado de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamento.

E para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Ollamar 2010, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de novembro de 2013

A secretaria xudicial