Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48159

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

DECRETO 181/2013, do 28 de novembro, polo que se deixa sen efecto a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.q. 0+500 ao 3+600 (clave PO/06/026.06).

Con data do 21 de novembro de 2006, o entón director xeral de Obras Públicas, por delegación da entón conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, aprobou o proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.q. 0+500 ao 3+600 (clave PO/06/026.06).

Esta aprobación serviu de base para que o Consello da Xunta de Galicia, no seu Decreto 250/2006, do 14 de decembro (DOG nº 2, do 3 de xaneiro de 2007), acordase a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados.

As circunstancias que xustificaron no seu día a declaración de urxencia dos bens e dereitos necesarios para a realización do proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar, p.q. 0+500 ao 3+600, experimentaron cambios, xa que non se rexistraron treitos de concentración de accidentes (TCAs) no ano 2012 na referenciada estrada PO-504 Sanxenxo-Vilalonga.

En virtude de todo o exposto e en aplicación do artigo 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia e dos artigos 10 e 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co previsto no artigo 22 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de novembro de dous mil trece,

DISPOÑO:

Artigo único. Deixar sen efecto a declaración de utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de mellora da seguridade viaria na PO-504 Sanxenxo (PO-308)-Vilalonga (PO-550). Gondar p.q. 0+500 ao 3+600 (clave PO/06/026.06).

Santiago de Compostela, vinte e oito de novembro de dous mil trece

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Agustín Hernández Fernández de Rojas
Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas