Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48155

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 21 de xuño de 2013, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 124, do 2 de xullo).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 23.2 da Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013, procédese á publicación das subvencións que concedeu esta xefatura territorial con base na citada resolución.

As subvencións concedidas estarán cofinanciadas polo Fondo Social Europeo a través do programa operativo do Fondo Social Europeo de Galicia 2007-2013, eixo 2, tema prioritario 69.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

Liña 2: promoción de accións que presten atención á investigación e á recuperación da historia das mulleres, así como á xeración de referentes e xenealoxías de mulleres, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas destinados a esta finalidade.

Liña 4: promoción de accións de prevención da violencia de xénero, así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinada a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 21 de xuño de 2013 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Crédito orzamentario: 77.456,65 euros.

Partida orzamentaria: 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2013 00176.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver o anexo.

Ourense, 8 de novembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Crédito asignado: 77.456,64 €.

Subvencións concedidas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo

CIF

Entidade

Importe

G32278954

Asociación de Mulleres Rurais Pena da Sela, Amfar–Dadín

173,80 €

G32362279

Federación de Asociacións de Mulleres Anaral

2.529,00 €

G32014334

Asociación de Viúvas María Andrea

2.868,00 €

G32394082

Asociación Red Madre de Ourense

1.369,02 €

G32237869

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense-Femuro

3.000,00 €

G32362816

Federación Provincial de Mulleres Rurais As Burgas

1.300,00 €

G32350555

Asociación de Mulleres Rurais Alumear

1.496,00 €

G32261679

Asociación de Mulleres Arandeira

2.424,00 €

G32213704

Asociación de Mulleres e de Consumo Tres de Maio

448,96 €

V32218612

Centro de Animación Rural de Mulleres da Veiga

306,46 €

G32174062

Asociación de Mulleres Rurais Clarexar de Palmés

956,58 €

G32185092

Asociación Amas de Casa Rurais de Castro Caldelas

433,70 €

G32281289

Asociación Mulleres Rurais As Olas

1.060,00 €

G32303802

Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense

2.604,00 €

G32184723

Asociación de Mulleres Rurais Xuncos

1.900,00 €

G32302614

Asociación de Mulleres Rurais Lumieira

510,00 €

G32249096

Asociación de Mulleres e Consumo Airiños da Terra

2.250,00 €

G32203648

Asociación de Mulleres Rurais Amuruco

1.200,00 €

G32181703

Asociación de Mulleres Rurais de Arnoia

224,12 €

Importe total subvencións liña 1

27.053,64 €

Liña 3: promoción de hábitos de vida saudables

CIF

Entidade

Importe

G32207516

Asociación de Mulleres Anel

2.543,00 €

G32354227

Asociación de Mulleres Algueirada

2.775,00 €

G32204307

Asociación de Mulleres Rurais Portas Abertas

750,00 €

G32375909

Asociación de Mulleres Rurais San Pedro

2.337,00 €

G32182156

Asociación de Mulleres Rurais Novas Vivenzas

325,00 €

G32246399

Asociación de Mulleres Rurais A Revolta

322,00 €

G32305377

Asociación de Mulleres Rurais A Arracada

469,00 €

G32369951

Asociación de Mulleres Rurais A Esperanza

298,00 €

G32179715

Asociación de Mulleres Rurais Santa Agueda

1.120,00 €

G32346538

Asociación de Mulleres Rurais San Mamed

900,00 €

G32284747

Asociación de Mulleres Rurais e de Consumo País de Riós

1.600,00 €

G32354177

Asociación de Mulleres Rurais Florecer

900,00 €

G32293508

Asociación de Mulleres Rurais Santa Rita

750,00 €

G32379794

Asociación de Mulleres Rurais de Solveira

2.592,00 €

G32182040

Asociación de Mulleres Rurais Xesta

840,00 €

G32369605

Asociación de Mulleres Rurais As Abelairas

900,00 €

G32303877

Asociación de Mulleres Rurais Os Picotiños

2.500,00 €

G32287336

Asociación de Mulleres Rurais O Recuncho

588,00 €

G32349813

Asociación de Mulleres Rurais A Carballa

1.404,00 €

G32282949

Asociación de Mulleres Rurais 25 de Xullo

1.255,00 €

G32180481

Asociación de Mulleres Rurais Maravalla

2.244,00 €

G32170532

Asociación de Mulleres Rurais Santa María de Salamonde

1.000,00 €

G32220642

Asociación de Mulleres Rurais Santa Cristina

1.120,00 €

G32163461

Asociación de Mullleres Rurais Nosa Señora do Portal

1.227,00 €

G32233512

Asociación de Mulleres Rurais Entre Nós

1.798,00 €

G32236648

Asociación de Mulleres Rurais Abelenda das Penas

725,00 €

G32387698

Asociación de Mulleres Rurais Fonte do Sapo

393,00 €

G32321358

Asociación de Mulleres Rurais As Chás

845,00 €

G32399792

Asociación de Mulleres Rurais O Toural

1.502,00 €

G32378911

Asociación de Mulleres Rurais Santa Eulalia de Montes

1.427,00 €

G32362741

Asociación de Mulleres Rurais Santa María de Tamagos

649,00 €

G32298168

Asociación de Mulleres Rurais As Candelas

436,00 €

G32258881

Asociación de Mulleres Rurais e de Consumo O Cruceiro

1.772,00 €

G32233017

Asociación de Mulleres Rurais Santa María de Macendo

1.291,00 €

G32245342

Asociación de Mulleres Rurais Xestas e Toxos

3.000,00 €

G32369696

Asociación de Amigos da Cultura e do Ocio Aires Nosos

2.244,00 €

G32278756

Asociación de Mulleres Rurais de Sarreaus

1.462,00 €

G32345274

Asociación Os Tres Reinos

2.100,00 €

Importe total subvencións liña 3

50.403,00 €