Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48153

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 14 de xuño de 2013, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, confinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (Diario Oficial de Galicia número 118, do 21 de xuño).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 22 da Resolución do 14 de xuño de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE), procédese á publicación das subvencións que concedeu esta xefatura territorial con base na citada Resolución do 14 de xuño.

Finalidade da axuda: o impulso da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, co fin de reducir a segregación sexista en materia de emprego e reconciliar a vida laboral e privada, por exemplo facilitando o acceso aos servizos de coidado e atención de nenos e nenas. Con esta finalidade se recollen no eixe 2, tema prioritario 69, do programa operativo FSE Galicia 2007-3013, medidas para mellorar o acceso das mulleres ao mercado laboral, así como a súa participación e o seu progreso permanente no dito mercado.

Norma reguladora: Resolución do 14 de xuño de 2013 pola que se regulan as bases e se convocan axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, nos centros educativos de Galicia sostidos con fondos públicos, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida familiar e laboral.

Crédito orzamentario: 39.893,61 €.

Partida orzamentaria: 05.11.312G.481.0, código de proxecto 2013 00168.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver o anexo.

Ourense, 8 de novembro de 2013

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Crédito asignado: 39.892,67 €.

Axudas concedidas:

CIF

Entidade

Importe

G32277535

ANPA Pía da Casca-Colexio das Mercedes. Ourense

5.249,14 €

G32247157

ANPA do CEIP de Mariñamansa. Ourense

5.059,90 €

G32411084

ANPA Colexio Ilustre Mestre. Ourense

1.079,00 €

G32147589

ANPA do CEIP San Marcos de Cartelle

2.311,75 €

G32214686

ANPA do CEIP Larueano Prieto da Gudiña

2.124,00 €

G32118036

ANPA A Galocha do C.P. da Veiga

4.218,00 €

G32013187

ANPA Colexio Pablo VI da Rúa

5.000,00 €

G32236531

ANPA O Castiñeiro do C.P. de Laza

2.071,60 €

G32350605

ANPA do CEIP de Luíntra

369,29 €

G32030918

ANPA Colexio Salesiano María Auxiliadora

6.000,00 €

G32138299

ANPA CEIP Irmáns Villar

2.082,01 €

G32173312

ANPA Ben Cho Shey-Colexio Público do Pereiro de Aguiar

4.327,98 €

Importe total subvencións 2013

39.892,67 €