Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 26 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifican as resolucións ditadas nos recursos administrativos (expediente RA/AG/2013/00110).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselle á persoa que se relaciona no anexo as resolucións ditadas nos recursos de alzada devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para examinar a resolución na Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situada no complexo administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra as ditas resolucións, definitivas na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo sinalado no anexo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se é o caso.

E para que conste e lles sirva de notificación ao interesado, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2013

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Núm. de recurso

Núm. de expediente

Recorrente/interesado

Resolución do recurso

Recurso contencioso-administrativo perante:

RA/AG/2013/00110

DH.D15.27270

Ramiro Fraga Fraga

Desestimatoria

Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela