Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 16 de decembro de 2013 Páx. 48297

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 27 de novembro de 2013 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia en diversos expedientes xestionados na Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a Xefatura Territorial de Economía e Industria da Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 2º andar (reclamacións), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 27 de novembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

Filomena Fernández Buceta

IN635A 2008/233-1

Notificación

Ribeira

Mª Luisa Fernández Pascual

IN635B 2012/34-1

Alegacións

Santiago de Compostela

Flora Martínez Agrelo e outros

IN635B 2013/59-1

Resolución

Coristanco

Fernando Álvarez García

IN635A 2013/193-1

Resolución

Oleiros