Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48075

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (121/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número 121/2013, a instancia de María del Carmen Seoane Sobrado contra a empresa Bergondo Trucks, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo María del Carmen Seoane Sobrado contra Bergondo Trucks, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Bergondo Trucks, S.L. a que lle aboe á demandante a cantidade de 16.913,94 euros brutos, polos salarios devindicados entre decembro de 2011 e novembro de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000 código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa demandada Bergondo Trucks, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións realizaranse nas dependencias deste xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas ou autos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de novembro de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial