Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (843/2013).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 843/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Marta Viñas Alonso contra a empresa Tintorería Mil Colores, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza 654/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 843/2013.

Demandante: María Marta Viñas Alonso.

Letrado: Sr. Pousa Meréns.

Demandado: Tintorería Mil Colores, S.A.

Letrado:

Fogasa:

Letrada: Sra. Abajo Lera

A Coruña, 20 de novembro de 2013.

Resolución estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Marta Viñas Alonso contra a empresa Tintorería Mil Colores, S.L. e, en consecuencia:

1. Declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data desta sentenza.

2. Condeno a demandada a que pague, en concepto de indemnización, a cantidade de 26.975,70 euros á traballadora demandante.

O Fogasa deberase ater a esta resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que conste e sirva de notificación a Tintorería Mil Colores, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

A secretaria xudicial