Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48073

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (797/2011).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 797/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fátima Rodríguez Pérez contra a empresa Media Digital Press, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 20 de novembro de 2013.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña e o seu partido, estes autos de xuízo 797/2011, seguidos por instancia de Fátima Rodríguez Pérez representada polo letrado Sr. González González, fronte á empresa Media Digital Press, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Fátima Rodríguez Pérez fronte á empresa Media Digital Press, S.L., con intervención procesual do Fogasa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a aboar á parte demandante a cantidade de 2.125,18 euros, que se incrementarán cos xuros moratorios do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución non cabe interpor recurso de suplicación (artigo 191.2.g) da Lei reguladora da xurisdición social).

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Media Digital Press, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

A secretaria xudicial