Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47855

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de novembro de 2013 pola que se modifica a autorización do centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña.

A representante da titularidade do centro privado Tomás Barros, do concello da Coruña, solicita a supresión do ciclo formativo de grao superior (CS) de Integración Social e a autorización dun novo CS de Educación Infantil.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro.

1. Suprimir o ciclo formativo de grao superior de Integración Social no centro privado Tomás Barros da Coruña.

2. Autorizar un novo ciclo formativo de grao superior de Educación Infantil no centro privado que se detalla:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Tomás Barros.

Código: 15032169.

Enderezo: r/ Ramón Mª Aller, 12, entresollado.

Localidade: A Coruña.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Titular: Araceli Barros Cao, S.L.

Composición resultante:

Familia profesional: Servizos Socioculturais e á Comunidade.

• 1 CM (ciclo formativo de grao medio) Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS (ciclo formativo de grao superior) Animación Sociocultural (1 unidade para 20 alumnos/as).

• 3 CS Educación Infantil (6 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Integración Social (1 unidade para 20 alumnos/as).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo de informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de un mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria