Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47857

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2013, da Secretaría Xeral de Universidades, pola que se dá publicidade á relación de másteres universitarios que non poderán formar parte da oferta de titulacións oficiais universitarias do Sistema universitario de Galicia para o curso 2014/15.

Un dos criterios establecidos pola Secretaría Xeral de Universidades desde a publicación do Decreto 222/2011 e reflectido expresamente nas instrucións do 11 de xuño de 2012 e do 20 de setembro de 2013 é a racionalización da oferta do mapa de titulacións do Sistema universitario de Galicia. Como continuidade neste proceso de racionalización, o grupo de traballo de titulacións integrado polos vicerreitores e as vicerreitoras responsables de titulacións das tres universidades integrantes do Sistema universitario de Galicia, persoal da Secretaría Xeral de Universidades e o director da Axencia Galega para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia, reuniuse o 6 de novembro de 2013 para a análise da situación actual da oferta de titulacións de másteres universitarios existentes no Sistema universitario de Galicia.

O secretario xeral de Universidades, en virtude das competencias e atribucións establecidas no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,

RESOLVE:

Primeiro.

Publicar relación de másteres universitarios que non poderán formar parte da oferta de titulacións oficiais do Sistema universitario de Galicia para o curso 2014/15:

Universidade da Coruña.

• Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega (interuniversitario coa USC).

• Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia (interuniversitario coa UVIGO).

• Máster universitario en Física Aplicada (interuniversitario coa UVIGO).

• Máster universitario en Innovación, Orientación e Avaliación Educativa.

• Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais.

• Máster universitario en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais: Innovacións e Aplicacións.

• Máster universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

• Máster universitario en Urbanismo: Plans e Proxectos. Do Territorio á Cidade.

Universidade de Santiago de Compostela.

• Máster universitario en Arquitectura da Paisaxe Juana de Vega (interuniversitario coa UDC).

• Máster universitario en Biodiversidade e Conservación do Medio Natural.

• Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Coloides e Interfaces (interuniversitario UVIGO).

• Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Materiais.

• Máster universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica.

• Máster universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza.

• Máster universitario en Economía. Organización Industrial e Mercados Financeiros.

• Máster universitario en Educación, Xénero e Igualdade.

• Máster universitario en Filosofía. Cuestións Actuais.

• Máster universitario en Fiscalidade Internacional e Comunitaria.

• Máster universitario en Física Nuclear e de Partículas e as súas Aplicacións Tecnolóxicas e Médicas.

• Máster universitario en Investigación Básica e Aplicada en Ciencias Veterinarias.

• Máster universitario en Medio Ambiente e Recursos Naturais.

• Máster universitario en Saúde Pública.

• Máster universitario en Tecnoloxías da Información.

• Máster universitario en Xestión Pública.

• Máster universitario en Xuventude e Sociedade.

Universidade de Vigo.

• Máster universitario en Ciencia e Tecnoloxía en Termalismo e Balneoterapia (interuniversitario coa UDC).

• Máster universitario en Ciencias do Clima: Meteoroloxía, Oceanografía Física e Mudanza Climática.

• Máster universitario en Enxeñaría Telemática.

• Máster universitario en Física Aplicada (interuniversitario con UDC).

• Máster universitario en Investigación en Tecnoloxías e Procesos Avanzados na Industria.

• Máster universitario en Tecnoloxía Medioambiental.

• Máster universitario en Teoría do Sinal e Comunicacións.

Segundo.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 107.1 e 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2013

José Alberto Díez de Castro
Secretario xeral de Universidades