O artigo 13 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece que os plans de ordenación de recursos humanos constitúen o instrumento básico de planificación global destes dentro do servizo de saúde ou no ámbito que neles se precise.
O devandito precepto determina, así mesmo, no seu número 2, que os citados plans serán previamente obxecto de negociación nas mesas correspondentes, logo do cal se aprobarán e se publicarán na forma que cada servizo de saúde determine.
O 18 de maio de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 94) a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, en cuxo contido ten unha preeminente atención a xubilación do persoal estatutario do organismo.
Porén, o citado instrumento básico de planificación finaliza a súa vixencia coa data do 31 de decembro de 2013, polo que resulta necesario adoptar un novo plan de ordenación que, cando menos, aborde e lle confira a indispensable seguridade xurídica ao tratamento das situacións de xubilación e de prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario deste organismo. O que non desbota o desenvolvemento e aplicación das restantes medidas contidas no anterior plan, logo de que se traten na mesa sectorial de negociación do Servizo Galego de Saúde.
En consecuencia, en virtude das facultades conferidas polo artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e logo da súa negociación na mesa sectorial de sanidade, en cumprimento do disposto no artigo 80.2.g) da Lei 55/2003, do 16 de decembro,
DISPOÑO:
Primeiro. Aprobar o Plan de ordenación de recursos humanos no ámbito da xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, que se recolle como anexo á presente orde.
Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposición adicional
As referencias contidas na Orde do 22 de outubro de 2012 (DOG núm. 206, do 29 de outubro), pola se regula o procedemento de prolongación da permanencia no servizo activo do persoal funcionario público da escala de atención primaria e especializada, relativas aos criterios organizativos incorporados ao Plan de ordenación de recursos humanos do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 94, do 18 de maio de 2012; entenderanse substituídas polas referencias aos criterios organizativos establecidos no Plan de ordenación de recursos humanos en cada momento vixente.
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2013
Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade
ANEXO
Plan de ordenación de recursos humanos relativo á xubilación,
prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal
estatutario do Servizo Galego de Saúde
Para a consecución da eficacia na prestación da asistencia sanitaria no ámbito do Servizo Galego de Saúde e da eficiencia na utilización dos recursos económicos dos que dispón, resulta necesario que o organismo se dote dos instrumentos básicos que permitan a planificación eficiente das necesidades de recursos humanos, a súa axeitada dimensión e a mellor distribución en función das necesidades asistenciais.
Nesta liña, o artigo 13 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, establece que os plans de ordenación de recursos humanos constitúen o instrumento básico de planificación global destes dentro do servizo de saúde ou no ámbito que neles se precise.
O artigo 12 do mesmo texto legal dispón que esa planificación estará orientada ao seu adecuado dimensionamento, distribución, estabilidade, desenvolvemento, formación e capacitación, co fin de mellorar a calidade, eficacia e eficiencia dos servizos. Polo que, no ámbito de cada servizo de saúde e logo de negociación nas mesas correspondentes, determina que se adopten as medidas necesarias para a planificación eficiente das necesidades de persoal, entre outros aspectos.
A importancia deste tipo de instrumentos de planificación global resulta notoria, na medida na que responden ao principio de eficacia que debe presidir a actuación das administracións públicas. Importancia que se revela, se cabe, particularmente acentuada nun momento como o presente, en que a Administración sanitaria debe desenvolver a súa función no marco da austeridade e a eficiencia que require a difícil situación económica e orzamentaria.
Con base nas anteditas previsións e no contexto descrito, e en desenvolvemento, así mesmo, do disposto no artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, e no artigo 68 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, coa data do 18 de maio de 2012 tivo lugar a publicación no Diario Oficial de Galicia (núm. 94) da Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.
Por outra parte, á marxe de diversas medidas que viñeron dar resposta directamente aos obxectivos xerais de eficacia, eficiencia e garantía na prestación da asistencia sanitaria, o plan de ordenación dirixiuse a dotar de seguridade xurídica certas materias de especial interese, moi especialmente, a xubilación do persoal estatutario do organismo. Materia que mereceu e revelou un importante tratamento e contido, tanto cuantitativo como cualitativo, dentro das medidas recollidas no propio plan.
Para tal efecto, no dito instrumento de planificación, logo de analizarse as necesidades da organización sobre a base do estudo e valoración previos da estrutura poboacional e a actual configuración do cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde, conclúese un significativo envellecemento en termos globais do persoal do organismo, de xeito paralelo ao da propia poboación galega, que resulta máis acusado no colectivo de persoal licenciado sanitario. A dita circunstancia ten unha singular incidencia en diversos aspectos organizativos da actividade asistencial, entre os que cabe destacar a dispoñibilidade decrecente do citado colectivo para a cobertura da atención continuada.
Ese estudo reflectiu igualmente que, con carácter xeral, na maior parte das categorías estatutarias o número de aspirantes admitidos para acceder ao emprego no servizo de saúde é superior –mesmo notoriamente, na meirande parte dos supostos e categorías– ao número de prazas convocadas e ao dos profesionais que acadan a idade de xubilación forzosa no período de vixencia do plan, sen prexuízo das particularidades organizativas e asistenciais propias de cada ámbito territorial e/ou institución sanitaria e da existencia de categorías e especialidades concretas que poden presentar maior dificultade para a incorporación de novos profesionais.
Cómpre subliñar, para estes efectos, que a entrada en vigor da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, substitúe e unifica a regulación da relación de servizos deste colectivo, anteriormente dispersa arredor dos tres antigos estatutos do persoal das institucións sanitarias da Seguridade Social. Estes fixaban a idade de xubilación para o devandito persoal nos setenta anos.
A citada regulación e dispersión normativa mudou co Estatuto marco, que introduciu no seu capítulo V, nomeadamente no artigo 26, así como na súa disposición transitoria sétima, importantes innovacións en materia de xubilación, que se traducen nunha redución da idade de xubilación forzosa do persoal estatutario e no establecemento dunha serie de supostos que posibilitan, baixo determinadas circunstancias, a prolongación da súa permanencia no servizo activo. Aínda nestes casos, resulta preceptiva a intervención do respectivo servizo de saúde, mediante unha autorización adoptada en función das necesidades da organización articuladas no marco dos correspondentes plans de ordenación de recursos humanos.
Así pois, o marco legal precitado establece a obrigatoriedade da planificación dos distintos elementos para articular o proceso de xubilación do persoal estatutario.
Pola súa vez, no ámbito da nosa comunidade autónoma e na liña apuntada, o artigo 49 do texto refundido da Lei de función pública de Galicia, logo da modificación efectuada pola Lei 1/2012, do 29 de febreiro, establece como norma xeral a xubilación forzosa do persoal funcionario ao cumprir este a idade legalmente establecida, requirindo a prolongación da permanencia no servizo activo máis alá da dita idade de autorización previa, debidamente motivada, sobre a base de razóns organizativas derivadas da planificación do emprego público, a avaliación do desempeño e a capacidade psicofísica do profesional solicitante.
Derivado da normativa anteriormente exposta e do diagnóstico de situación efectuado no propio instrumento de planificación, o precedente Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde dispuxo, como medida xeral de ordenación, a perda da condición de persoal estatutario fixo dos seus profesionais por cumprimento da idade de xubilación forzosa.
Así mesmo, para garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial determinou os supostos e condicións en que aqueles poden prorrogar e prolongar a súa permanencia no servizo activo logo de cumprida a dita idade, que se efectuará a través dun procedemento administrativo determinado regulamentariamente.
No desenvolvemento das citadas previsións, o 6 de xullo de 2012 publicouse no Diario Oficial de Galicia (núm. 129) a Orde do 3 de xullo de 2012 pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario e se modifica a Orde do 8 de maio de 2012 pola que se aproba o Plan de ordenación de recursos humanos do Servizo Galego de Saúde.
Porén, o anterior plan de ordenación finaliza a súa vixencia coa data do 31 de decembro de 2013.
Polo que, co fin de darlle continuidade ao devandito plan e a prol de dotar da imprescindible seguridade xurídica as situacións de xubilación e de prolongación da permanencia no servizo activo do persoal estatutario do organismo que teñan lugar a partir do 1 de xaneiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 13 e 26 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde e no artigo 112 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, o presente instrumento normativo contén o Plan de ordenación de recursos humanos no ámbito da xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.
Neste senso e, nomeadamente, o desenvolvemento do artigo 26.2 do Estatuto marco, reflectido neste plan, reproduce os mesmos requisitos establecidos no plan de ordenación precedente para valorar a autorización da prolongación da permanencia no servizo activo do persoal solicitante. Isto é:
a) A concorrencia de necesidades asistenciais e/ou organizativas que amparen a prolongación, para o cal se deberán analizar aspectos como os seguintes:
– A pertenza ou non da persoa interesada a unha categoría/especialidade deficitaria no respectivo ámbito de prestación de servizos.
– A previsión de substitución dese/a profesional, fidelizando a permanencia no propio centro doutros profesionais que poidan acceder aos diversos tipos de nomeamentos previstos no ordenamento xurídico co fin de desenvolver a prestación asistencial necesaria, así como a promoción interna doutros profesionais que reúnan os requisitos de titulación e acceso á correspondente categoría/especialidade consonte a normativa vixente. Para os efectos da valoración das posibilidades de substitución, máis alá dos datos da correspondente institución sanitaria, e ao igual que na norma anterior, o actual plan remite, así mesmo, á información complementaria, e debidamente actualizada e contrastada, relativa ao conxunto do Sistema Público de Saúde de Galicia, existente nos órganos centrais do Servizo Galego de Saúde.
– A cobertura da atención continuada no servizo de adscrición do/a profesional solicitante, así como a súa previsión futura, tendo en conta diversos aspectos explicitados no propio plan.
b) A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades inherentes ao nomeamento.
c) A autorización polo órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da correspondente solicitude.
Así mesmo, a autorización da prolongación da permanencia no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional e da concorrencia das necesidades asistenciais e/ou organizativas que amparasen tal prolongación, co límite máximo dos setenta anos de idade.
En calquera caso, as medidas recollidas neste plan enténdense sen prexuízo das disposicións normativas de rango superior vixentes en cada momento, ás cales se deberá axustar a actual ordenación.
Estrutura. O presente plan estrutúrase en catro grandes puntos:
I. Análise de situación, desagregado no estudo e valoración dos seguintes parámetros:
1. Poboación destinataria da actividade asistencial.
2. Aspectos da actual configuración do cadro de persoal do Servizo Galego de Saúde con maior incidencia na prestación dunha asistencia sanitaria de calidade e en termos de eficacia e eficiencia.
3. Contexto económico.
II. Definición dos obxectivos que se pretenden conseguir en materia de persoal durante a vixencia do plan.
III. Medidas que se adoptarán para a consecución dos obxectivos expostos.
IV. Período de vixencia do plan.
I. Análise de situación.
I.1. Datos de poboación.
I.1.a) Distribución por grupos de idade.
Poboación por grupos de idade. Galicia 2000-2012
Ano |
0-14 |
15-64 |
65 e máis |
2000 |
12,30 |
67,46 |
20,14 |
2001 |
11,74 |
67,45 |
20,81 |
2002 |
11,58 |
67,24 |
21,18 |
2003 |
11,48 |
67,22 |
21,30 |
2004 |
11,41 |
67,28 |
21,32 |
2005 |
11,32 |
67,42 |
21,26 |
2006 |
11,29 |
67,23 |
21,48 |
2007 |
11,30 |
67,12 |
21,58 |
2008 |
11,30 |
67,05 |
21,65 |
2009 |
11,38 |
66,74 |
21,88 |
2010 |
11,49 |
66,36 |
22,15 |
2011 |
11,59 |
65,89 |
22,52 |
2012 |
11,74 |
65,40 |
22,86 |
|
|
|
|
Fonte: INE e IGE |
En porcentaxe |
Poboación por sexo e grupos quinquenais de idade
Ano 2012. Comunidade Autónoma de Galicia
Tramo idade |
Homes |
Mulleres |
Total |
0-4 |
57.798 |
53.917 |
326.611 |
5-9 |
56.633 |
53.545 |
|
10-14 |
54.014 |
50.704 |
|
15-19 |
57.312 |
54.311 |
626.326 |
20-24 |
67.507 |
65.232 |
|
25-29 |
83.854 |
81.805 |
|
30-34 |
109.477 |
106.828 |
|
35-39 |
114.516 |
113.318 |
1.024.158 |
40-44 |
108.060 |
108.495 |
|
45-49 |
100.999 |
103.323 |
|
50-54 |
97.613 |
100.058 |
|
55-59 |
87.380 |
90.396 |
|
60-64 |
81.679 |
86.845 |
804.403 |
65-69 |
76.363 |
85.436 |
|
70-74 |
57.046 |
69.141 |
|
75-79 |
61.439 |
83.512 |
|
80-84 |
41.332 |
64.924 |
|
85 e máis |
30.306 |
66.380 |
|
Total |
1.343.328 |
1.438.170 |
2.781.498 |
Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes |
I.1.b) Saldo vexetativo.
Número de nacementos e defuncións e saldo vexetativo. Galicia 2000-2011
Galicia |
Nacementos |
Homes |
Mulleres |
Defuncións |
Homes |
Mulleres |
Saldo vexetativo |
2000 |
19.418 |
10.052 |
9.366 |
28.858 |
14.716 |
14.142 |
-9.440 |
2001 |
19.361 |
9.955 |
9.406 |
28.300 |
14.396 |
13.904 |
-8.939 |
2002 |
19.327 |
9.987 |
9.340 |
28.353 |
14.503 |
13.850 |
-9.026 |
2003 |
20.423 |
10.539 |
9.884 |
29.805 |
15.045 |
14.760 |
-9.382 |
2004 |
20.621 |
10.652 |
9.969 |
28.540 |
14.668 |
13.872 |
-7.919 |
2005 |
21.097 |
10.867 |
10.230 |
29.383 |
15.015 |
14.368 |
-8.286 |
2006 |
21.392 |
11.075 |
10.317 |
29.389 |
14.939 |
14.450 |
-7.997 |
2007 |
21.752 |
11.216 |
10.536 |
30.159 |
15.435 |
14.724 |
-8.407 |
2008 |
23.175 |
11.981 |
11.194 |
29.629 |
14.996 |
14.633 |
-6.454 |
2009 |
22.537 |
11.572 |
10.965 |
30.180 |
15.241 |
14.939 |
-7.643 |
2010 |
22.047 |
11.500 |
10.547 |
29.749 |
14.986 |
14.763 |
-7.702 |
2011 |
21.594 |
11.256 |
10.338 |
29.879 |
15.085 |
14.794 |
-8.285 |
Fonte: INE e IGE |
En porcentaxe |
Galicia |
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
|
Nacementos |
21.594 |
9.258 |
2.186 |
1.973 |
8.177 |
Defuncións |
29.879 |
11.708 |
4.819 |
4.636 |
8.716 |
Crecemento vexetativo |
-8.285 |
- 2.450 |
- 2.633 |
- 2.663 |
- 539 |
Fonte: INE, IGE. Movemento natural de poboación |
Nacementos, defuncións e crecemento vexetativo. Ano 2011.
I.1.c) Densidade de poboación.
Poboación e densidade de poboación. Ano 2011
España |
Galicia |
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
|
Poboación (habitantes) |
47.190.493 |
2.772.928 |
1.141.286 |
348.067 |
328.697 |
954.877 |
Densidade (hab./km2) |
93,51 |
93,80 |
143,60 |
35,30 |
45,20 |
212,40 |
Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes |
Concellos e a súa poboación clasificados polo número dos seus habitantes
Padrón municipal de habitantes. Ano 2012
Habitantes |
Galicia |
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
|||||
Nº |
Hab. |
Nº |
Hab. |
Nº |
Hab. |
Nº |
Hab. |
Nº |
Hab. |
|
0-2.000 hab. |
100 |
131.446 |
12 |
17.619 |
24 |
32.663 |
60 |
75.324 |
4 |
5.840 |
2.001-5.000 hab. |
102 |
332.282 |
29 |
102.419 |
30 |
93.804 |
22 |
60.416 |
21 |
75.643 |
5.001-10.000 hab. |
54 |
366.623 |
31 |
212.149 |
7 |
49.565 |
4 |
23.493 |
12 |
81.416 |
10.001-20.000 hab. |
37 |
520.369 |
11 |
151.799 |
5 |
74.414 |
5 |
63.427 |
16 |
230.730 |
20.001-50.000 hab. |
15 |
430.871 |
8 |
246.111 |
0 |
0 |
0 |
0 |
7 |
184.760 |
50.001-100.000 hab. |
4 |
348.809 |
2 |
167.668 |
1 |
98.457 |
0 |
0 |
1 |
82.684 |
100.001-500.000 hab. |
3 |
651.098 |
1 |
246.146 |
0 |
0 |
1 |
107.597 |
1 |
297.355 |
Todos os intervalos |
315 |
2.781.498 |
94 |
1.143.911 |
67 |
348.902 |
92 |
330.257 |
62 |
958.458 |
Fonte: INE. Padrón municipal de habitantes |
Do estudo dos datos de poboación expostos, pódese concluír que:
1. A estrutura etaria da poboación galega amosa un claro patrón de envellecemento, cun saldo vexetativo negativo, entendendo este como a diferenza entre os nacementos e defuncións acaecidos durante un período de tempo definido.
2. A distribución territorial da poboación en Galicia presenta, en comparación co resto do Estado, dúas características singulares: a densidade de poboación é superior á media española, pero os desequilibrios na súa distribución territorial son evidentes. A maior concentración de poboación prodúcese nas provincias da Coruña e Pontevedra, presentando as de Lugo e Ourense unha baixa densidade poboacional, por debaixo da media estatal.
I.2. Recursos humanos.
Neste punto procédese a analizar a estrutura e o cadro de efectivos do Servizo Galego de Saúde, concretamente os aspectos da súa actual configuración que presentan unha incidencia máis significativa na prestación dunha asistencia sanitaria de calidade e que amosan información sobre as necesidades da organización para dar resposta á dita demanda asistencial en termos de eficacia e eficiencia.
Así, analizáronse e a seguir expóñense os resultados da valoración dos seguintes aspectos:
– Idade media dos traballadores por grupos profesionais.
– Distribución por idade do persoal licenciado sanitario.
– Porcentaxes de absentismo por tramos de idade.
– Previsión de xubilacións dos profesionais por categorías/especialidades.
– Novos profesionais en condicións de se incorporaren ao emprego no Servizo Galego de Saúde por categorías/especialidades.
I.2.a) Estrutura e efectivos do Servizo Galego de Saúde e a súa distribución territorial.
I.2.a.1) Estrutura do Servizo Galego de Saúde.
O Servizo Galego de Saúde foi creado pola Lei 1/1989, como un organismo autónomo de natureza administrativa adscrito á Consellería de Sanidade, dotado de personalidade xurídica de seu e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins.
Integran o Servizo Galego de Saúde todos os centros, servizos e establecementos sanitarios e administrativos creados pola Administración da Xunta de Galicia ou procedentes de transferencias, así como as entidades sanitarias de natureza pública que se lle adscriban.
Baixo a supervisión e control da Consellería de Sanidade desenvolve, entre outras, as seguintes funcións:
– A prestación directa de asistencia sanitaria nos seus propios centros, servizos e establecementos ou nos adscritos ao servizo.
– O desenvolvemento dos programas de actuación sanitaria.
– O goberno, dirección e xestión dos centros, servizos e establecementos sanitarios propios ou adscritos ao Servizo Galego de Saúde.
– A planificación, coordinación e xestión dos recursos humanos, materiais e financeiros asignados ao servizo para o cumprimento dos seus fins.
– A promoción da docencia e investigación en ciencias da saúde no ámbito dos centros, servizos e establecementos sanitarios asistenciais.
– O desenvolvemento de programas de calidade e mellora da práctica clínica e de mellora de xestión.
– A aprobación dos plans, programas, directrices e criterios de actuación aos cales deben someterse os centros, servizos e establecementos incluídos no Servizo Galego de Saúde, así como o exercicio da supervisión e control respecto a estes.
Para o desenvolvemento de tales funcións, o Servizo Galego de Saúde dispón da seguinte estrutura:
A) Servizos centrais.
Regulada no Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 47, do 7 de marzo).
B) Servizos periféricos.
Coa finalidade de superar os compartimentos existentes na relación primaria-especializada, consecuencia da progresiva especialización e da fragmentación do traballo, e de facer compatible este cunha atención horizontal das necesidades reais dos usuarios e facilitando a autonomía de xestión dos centros sanitarios, implantouse e desenvolveuse no ámbito periférico do Servizo Galego de Saúde un modelo de organización baseado na estrutura de xestión integrada.
Estas estruturas asumen con autonomía funcional e de forma integrada a xestión dos recursos, prestacións e programas de atención sanitaria, tanto do nivel de atención primaria como especializada, así como sociosanitaria e de promoción e protección da saúde.
Para tal efecto, o Servizo Galego de Saúde dispón para o desenvolvemento das súas funcións da seguinte estrutura periférica, de carácter asistencial:
– Xerencia de xestión integrada da Coruña.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos concellos incluídos no anexo I do Decreto 168/2010, do 7 de outubro.
– Xerencia de xestión integrada de Santiago de Compostela.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios (atención primaria, especializada e sociosanitaria) dos concellos indicados no anexo II do Decreto 168/2010, do 7 de outubro.
– Xerencia de xestión integrada de Ferrol.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos relacionados no anexo do Decreto 193/2010, do 18 de novembro.
– Estrutura de xestión integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos indicados no anexo do Decreto 163/2011, do 28 de xullo.
– Estrutura de xestión integrada de Pontevedra e O Salnés.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos que se indican no anexo do Decreto 162/2011, do 28 de xullo.
– Estrutura de xestión integrada de Vigo.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos que se relacionan no anexo do Decreto 46/2013, do 7 de marzo.
– Estrutura de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
Asume a xestión de todos os servizos sanitarios dos concellos indicados no anexo do Decreto 55/2013, do 21 de marzo.
C) Entidades adscritas.
Están adscritas á Consellería de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria (Fegas) e as entidades instrumentais que a continuación se indican, que apoian a prestación de servizos especializados da rede hospitalaria:
– Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios.
– Fundación Pública de Urxencias Sanitarias-061.
– Fundación Centro de Transfusión de Galicia-CTG.
– Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.
– Fundación Instituto Galego de Oftalmoloxía-Ingo.
I.2.a.2) Efectivos do Servizo Galego de Saúde e a súa distribución territorial.
Prazas dotadas. Distribución por provincia
|
A Coruña |
Lugo |
Ourense |
Pontevedra |
Total |
Funcionario |
278 |
274 |
220 |
565 |
1.337 |
Laboral + MIR |
804 |
141 |
210 |
470 |
1.625 |
Estatutario: |
13.271 |
4.283 |
4.401 |
8.747 |
30.702 |
– Licenciado sanitario |
3.070 |
1.016 |
976 |
2.114 |
7.176 |
– Sanitario diplomado e FP |
6.713 |
2.100 |
2.129 |
4.268 |
15.210 |
– Xestión e servizos |
3.488 |
1.167 |
1.296 |
2.365 |
8.316 |
Outro |
20 |
7 |
8 |
17 |
52 |
Total |
14.373 |
4.705 |
4.839 |
9.799 |
33.716 |
Datos: xaneiro de 2013
O número de prazas dotadas reflectidas considérase axeitado para cubrir a demanda sanitaria durante o período de vixencia do presente plan, dentro duns parámetros que fagan posible garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial existentes, e tendo en conta que non resulta posible incrementar o número de efectivos correspondente ás ditas prazas, por mor do contexto económico expresado neste mesmo instrumento de planificación e de conformidade co disposto na lexislación sobre disciplina orzamentaria e sustentabilidade financeira, así como o preceptuado na vixente lexislación reguladora dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia e dos orzamentos xerais do Estado.
I.2.b) Idade media por grupos profesionais.
Gráfico 1.
I.2.c) Distribución por idade do persoal licenciado sanitario.
Gráfico 2.
Gráfico 3.
De acordo coa información reflectida, pódese concluír:
Un significativo envellecemento, en termos globais, do persoal do Servizo Galego de Saúde, de xeito paralelo ao amosado na estrutura etaria da poboación galega, que resulta máis acusado no colectivo de persoal licenciado sanitario, cuxa media de idade é particularmente superior ao resto do persoal sanitario, situándose a maioría deses profesionais (54,77 %) nunha franxa de idade superior aos 50 anos (maioritariamente no tramo dos 53-59 anos).
A taxa de idade dos profesionais ten unha repercusión clara na organización e prestación de calquera servizo, sendo maior esa incidencia no ámbito sanitario que noutros ámbitos laborais, polas peculiaridades da actividade asistencial, sometida a elevados niveis de exixencia física e psíquica.
Mención especial merecen os resultados sobre a análise de idade do persoal licenciado sanitario que se conteñen nos puntos I.2.b) e I.2.c) anteriores.
A alta taxa de idade dos devanditos profesionais ten incidencia en diversos aspectos da actividade asistencial. Cómpre destacar a dispoñibilidade decrecente do cadro de persoal facultativo para a realización de gardas motivada nas solicitudes de exención por razón de idade (maior de 55 anos), respecto das que se prevé un notable incremento para os próximos anos (gráfico 3). Esta realidade leva consigo importantes dificultades na fidelización de licenciados sanitarios a través de nomeamentos para gardas, así como na conformación de equipos estables de traballo que redundan nunha asistencia sanitaria de maior calidade. Todo iso sen esquecer o custo económico engadido para o organismo, derivado da necesidade de vincular profesionais para a realización da dita actividade, co conseguinte incremento de efectivos nos cadros de persoal.
I.2.d) Absentismo por rango de idade.
O estudo amosa a incidencia da taxa de idade dos profesionais sobre o índice de absentismo, que experimenta un incremento cuantitativo importante a partir do tramo dos 45 anos de idade e que aumenta aínda máis no treito de idade previo aos 65 anos. O que carrexa un alto custo económico para o Servizo Galego de Saúde, derivado das correspondentes substitucións, así como unha distorsión en diversos aspectos da prestación, como a continuidade asistencial.
I.2.e) Previsión de xubilacións dos profesionais do Servizo Galego de Saúde.
Persoal licenciado sanitario
Especialidade |
65 anos ou máis o 31.12.2014 |
2015 |
2016 |
2017 |
Total |
Admisión |
|
|
|
1 |
1 |
Alergoloxía |
|
1 |
|
1 |
2 |
Análises Clínicas |
6 |
2 |
6 |
5 |
19 |
Anatomía Patolóxica |
3 |
2 |
|
3 |
8 |
Anestesioloxía e Reanimación |
6 |
6 |
2 |
6 |
20 |
Aparello Dixestivo |
1 |
1 |
7 |
5 |
14 |
Aparello Respiratorio |
|
|
|
1 |
1 |
Anxioloxía e Cirurxía Vascular |
2 |
|
2 |
|
4 |
Cardioloxía |
5 |
1 |
|
5 |
11 |
Cirurxía Cardiovascular |
1 |
1 |
|
|
2 |
Cirurxía Oral e Maxilofacial |
|
|
|
1 |
1 |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
7 |
2 |
5 |
11 |
25 |
Cirurxía Pediátrica |
|
|
3 |
1 |
4 |
Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora |
|
|
|
1 |
1 |
Cirurxía Torácica |
|
|
1 |
|
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello Dixestivo |
10 |
13 |
6 |
11 |
40 |
Endocrinoloxía e Nutrición |
3 |
|
2 |
1 |
6 |
Farmacia Hospitalaria |
|
|
1 |
1 |
2 |
Hematoloxía e Hemoterapia |
3 |
6 |
3 |
4 |
16 |
Inmunoloxía |
|
1 |
|
|
1 |
Ldco. Medicina y Cirurxía |
1 |
1 |
|
|
2 |
Medicina Familiar e Comunitaria |
29 |
43 |
64 |
78 |
214 |
Medicina Física e Rehabilitación |
2 |
3 |
2 |
3 |
10 |
Medicina Intensiva |
2 |
2 |
3 |
7 |
14 |
Medicina Interna |
8 |
5 |
3 |
5 |
21 |
Medicina Preventiva e Saúde Pública |
1 |
1 |
1 |
3 |
6 |
Medicina Xeral (Mestos) |
|
|
|
1 |
1 |
Microbioloxía e Parasitoloxía |
1 |
2 |
1 |
1 |
5 |
Nefroloxía |
6 |
3 |
1 |
2 |
12 |
Neurocirurxía |
2 |
|
3 |
|
5 |
Neurofisioloxía Clínica |
1 |
|
2 |
|
3 |
Neuroloxía |
2 |
3 |
2 |
3 |
10 |
Obstetricia e Xinecoloxía |
7 |
8 |
11 |
12 |
38 |
Odontoestomatoloxía |
|
|
4 |
2 |
6 |
Oftalmoloxía |
3 |
5 |
7 |
8 |
23 |
Oncoloxía Médica |
|
|
|
2 |
2 |
Otorrinolaringoloxía |
3 |
3 |
5 |
4 |
15 |
Pediatría A.P. |
9 |
11 |
30 |
26 |
76 |
Pediatría e as súas áreas específicas |
2 |
8 |
5 |
5 |
20 |
Pneumoloxía |
2 |
3 |
2 |
1 |
8 |
Psicoloxía Clínica |
|
4 |
2 |
3 |
9 |
Psiquiatría |
5 |
5 |
1 |
4 |
15 |
Radiodiagnóstico |
5 |
5 |
5 |
11 |
26 |
Reumatoloxía |
1 |
1 |
1 |
1 |
4 |
Uroloxía |
1 |
2 |
2 |
7 |
12 |
Uxencias |
|
2 |
|
2 |
4 |
Total |
140 |
156 |
195 |
249 |
740 |
Persoal sanitario diplomado e de formación profesional
Categoría |
65 anos ou máis o 31.12.2014 |
2015 |
2016 |
2017 |
Total |
Enfermeiro/a |
133 |
172 |
204 |
244 |
753 |
Matrón/a |
4 |
8 |
18 |
13 |
43 |
Fisioterapeuta |
6 |
4 |
3 |
6 |
19 |
Logopeda |
1 |
|
|
|
1 |
Terapeuta Ocupacional |
1 |
1 |
1 |
1 |
4 |
Técnico/a especialista |
3 |
11 |
16 |
14 |
44 |
Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría |
115 |
146 |
172 |
178 |
611 |
Outras categorías |
|
4 |
1 |
2 |
7 |
Total |
263 |
346 |
415 |
458 |
1482 |
Persoal de xestión e servizos
Categoría |
65 anos ou máis |
2015 |
2016 |
2017 |
Total |
Persoal administrativo |
45 |
53 |
58 |
90 |
246 |
Persoal mantemento |
14 |
21 |
19 |
28 |
82 |
Persoal hostalaría |
54 |
67 |
44 |
63 |
228 |
Celador/a |
39 |
49 |
64 |
60 |
212 |
Traballador/a social |
2 |
4 |
8 |
2 |
16 |
Psicólogo/a |
1 |
1 |
|||
Outras categorías |
1 |
2 |
2 |
4 |
9 |
Total |
155 |
197 |
195 |
247 |
794 |
I.2.f) Novos profesionais en condicións de incorporarse ao emprego no Servizo Galego de Saúde.
A. Persoal licenciado sanitario.
Aspirantes inscritos(*) no último concurso-oposición para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área do Servizo Galego de Saúde (OPE 2012):
Especialidade |
Inscricións rexistradas |
Prazas ofertadas |
Alergoloxía |
14 |
3 |
Análises Clínicas |
164 |
6 |
Anatomía Patolóxica |
30 |
3 |
Anestesioloxía e Reanimación |
133 |
12 |
Aparello Dixestivo |
45 |
9 |
Cardioloxía |
46 |
5 |
Cirurxía Oral e Maxilofacial |
6 |
1 |
Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía |
76 |
6 |
Cirurxía Plástica, Estética e Reparadora |
8 |
1 |
Cirurxía Torácica |
7 |
1 |
Cirurxía Xeral e do Aparello dixestivo |
97 |
10 |
Dermatoloxía Médico-Cirúrxica e Venereoloxía |
30 |
4 |
Endocrinoloxía e Nutrición |
24 |
3 |
Farmacia Hospitalaria |
109 |
3 |
Hematoloxía e Hemoterapia |
53 |
5 |
Medicina Física e Rehabilitación |
22 |
1 |
Medicina Intensiva |
56 |
4 |
Medicina Interna |
164 |
13 |
Microbioloxía e Parasitoloxía |
45 |
1 |
Nefroloxía |
29 |
6 |
Neurocirurxía |
16 |
2 |
Neurofisioloxía Clínica |
12 |
2 |
Neuroloxía |
35 |
4 |
Obstetricia e Xinecoloxía |
103 |
9 |
Oftalmoloxía |
68 |
4 |
Oncoloxía Médica |
28 |
4 |
Oncoloxía Radioterápica |
8 |
1 |
Otorrinolaringoloxía |
41 |
4 |
Pediatría e as súas Áreas Específicas |
92 |
6 |
Pneumoloxía |
31 |
4 |
Psiquiatría |
93 |
9 |
Radiodiagnóstico |
80 |
14 |
Reumatoloxía |
15 |
1 |
Uroloxía |
21 |
3 |
Urxencias Hospitalarias |
423 |
12 |
Total |
2.224 |
176 |
(*) Inscricións rexistradas electronicamente no sistema informático Fides/expedient-e, pendente de confirmar o número definitivo de presentación de instancias nos rexistros administrativos consonte as bases da convocatoria.
B. Persoal sanitario de formación universitaria e formación profesional e persoal de xestión e servizos.
Aspirantes dispoñibles para acceder a prazas e nomeamentos estatutarios temporais nos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e nas entidades adscritas, inscritos nas listaxes de selección temporal vixentes en cada categoría:
Categoría profesional |
Número de aspirantes inscritos |
Celador/a |
5.860 |
Cociñeiro/a |
311 |
Enfermeiro/a |
7.463 |
Enfermeiro/a da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 |
450 |
Enfermeiro/a especialista en Enfermaría do Traballo |
130 |
Enfermeiro/a especialista en Obstetricia-Xinecoloxía (Matrón/a) |
145 |
Enfermeiro/a especialista en Saúde Mental |
98 |
Facultativo/a especialista en Psicoloxía Clínica |
131 |
Farmacéutico/a de Atención Primaria |
390 |
Fisioterapeuta |
924 |
Grupo Auxiliar da Función Administrativa |
5.305 |
Logopeda |
140 |
Medico/a Asistencial 061 |
107 |
Médico/a Coordinador/a 061 |
98 |
Médico/a de Familia |
796 |
Médico/a de Urxencias Hospitalarias |
296 |
Médico/a Especialista en Medicina do Traballo |
19 |
Odontólogo de Atención Primaria |
239 |
Pediatra de Atención Primaria |
43 |
Persoal de Servizos Xerais |
4.037 |
Persoal Técnico de Grao Medio en Prevención de Riscos Laborais |
495 |
Persoal Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais |
462 |
Pinche |
2.277 |
Técnico/a en Coidados Auxiliares de Enfermaría |
6.536 |
Técnico/a en Farmacia |
640 |
Técnico/a Especialista en Sistemas e Tecnoloxías da Información |
352 |
Técnico/a Superior de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
212 |
Técnico/a Superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía |
371 |
Técnico/a Superior en Dietética e Nutrición |
282 |
Técnico/a Superior en Documentación Sanitaria |
243 |
Técnico/a Superior en Hixiene Bucodental |
292 |
Técnico/a Superior en Imaxe para o Diagnóstico Clínico |
919 |
Técnico/a Superior en Laboratorio de Diagnóstico Clínico |
1.363 |
Técnico/a Superior en Radioterapia |
145 |
Técnico/a de Xestión de Sistemas e Tecnoloxías da Información |
318 |
Terapeuta Ocupacional |
235 |
Enxeñeiro Técnico |
163 |
Grupo Técnico da Función Administrativa |
360 |
Grupo de Xestión da Función Administrativa |
75 |
Traballador/a Social |
684 |
Electricista |
192 |
Telefonista |
193 |
Albanel |
31 |
Limpador/a |
538 |
Carpinteiro/a |
54 |
Mecánico/a |
56 |
Perruqueiro/a |
61 |
Calefactor/a |
34 |
Fontaneiro |
46 |
Pasador/a de ferro |
633 |
Lavandeiro/a |
653 |
Costureiro/a |
95 |
Total |
45.992 |
Dos datos que se expoñen pódense extraer as seguintes conclusións:
– Un diferente comportamento do patrón de envellecemento en función das categorías profesionais en que destaca a diferenza existente, neste punto, entre as distintas categorías e especialidades de persoal licenciado sanitario.
– Con carácter xeral, na maior parte das categorías estatutarias, e segundo a información que se extrae dos últimos procesos selectivos convocados polo Servizo Galego de Saúde para a adquisición da condición de persoal estatutario fixo, así como das vixentes listas de aspirantes a vinculacións temporais –publicadas na páxina web do organismo–, o número de persoas aspirantes admitidas para acceder ao emprego é superior ao número de prazas convocadas e ao de profesionais que, en cada unha das respectivas categorías, acadarán a idade de xubilación forzosa no período de vixencia do plan.
Non obstante, o estudo igualmente reflicte que existen categorías e especialidades concretas que poden non presentar o mesmo grao de inmediatez para a incorporación de novos profesionais, dado que o número de titulados novos, aspirantes a acceder ao emprego no Servizo Galego de Saúde, non é proporcional á demanda de profesionais e o número de xubilacións previstas na respectiva categoría.
As conclusións expostas, de carácter global, enténdense sen prexuízo das particularidades organizativas e asistenciais propias de cada ámbito territorial, institución ou estrutura de xestión.
Ao abeiro do exposto, e a prol de garantir a continuidade e o mantemento da calidade asistencial que debe recibir a cidadanía, cómpre determinar neste plan as condicións xerais de permanencia no servizo activo do persoal estatutario do organismo logo de cumprida a idade de xubilación forzosa; medida que resultará necesaria naquelas categorías en que se poida producir unha eventual insuficiencia de profesionais dispoñibles. Esta medida supedítase ao mantemento da capacidade funcional do/a profesional e á previa valoración, de forma individualizada, da situación organizativa e asistencial propia de cada institución e/ou ámbito territorial.
I.3. Contexto económico.
A situación económica caracterízase, na actualidade, por un contexto de crise e por un descenso dos ingresos vía impostos e transferencias, o que, sen dúbida, repercute nas dispoñibilidades orzamentarias que financian, entre outros, o sistema sanitario público de Galicia.
Por outra banda, a sanidade ten un peso específico nos orzamentos da nosa comunidade autónoma, xa que máis dun terzo deles se destinan ao seu financiamento.
A evolución dos ingresos públicos da comunidade autónoma caracterízase, como no resto do Estado, polo seu descenso, que xa se fai patente desde os orzamentos do ano 2009. A caída destes ingresos vaise suavizando co recurso á débeda pública, pero no momento actual, resulta asemade necesaria a redución do déficit público.
Desde o ano 2007, o gasto sanitario público vense incrementando por riba do PIB. Esta circunstancia, unida á caída de ingresos que se fai patente desde 2008, xera cara a final do exercicio orzamentario unha necesidade de maior financiamento fronte á inicialmente prevista.
Este contexto adverso e incerto condiciona inevitablemente a adopción de medidas con impacto económico, pero o Servizo Galego de Saúde, malia a situación exposta, ten que seguir na procura de mellorar a accesibilidade, a eficiencia e a calidade na prestación dos servizos aos usuarios do sistema.
Neste escenario económico é unha exixencia inelutable a implantación de medidas que melloren a xestión, así como incrementar os niveis de eficiencia do sistema co obxectivo de garantir a sustentabilidade do sistema sanitario público.
Para iso, resulta indispensable contar cunha ferramenta de planificación dos recursos humanos que garanta o mantemento das prestacións e a continuidade asistencial a toda a cidadanía, que implique os profesionais na xestión e promova a súa participación nos novos modelos de xestión e fórmulas organizativas horizontais e integradoras dos procesos asistenciais, así como que os incentive para adoptar medidas que fomenten a coordinación, a colaboración e a cooperación entre profesionais e unidades a través da posta en marcha de modelos organizativos baseados no concepto de xestión clínica, respectando a autonomía de xestión das áreas sanitarias.
II. Obxectivos.
Coa aprobación do presente plan e partindo da precedente análise de situación, preténdense acadar os seguintes obxectivos:
1. Adaptar os recursos existentes ás necesidades asistenciais da poboación, mediante o establecemento de mecanismos que permitan garantir a continuidade asistencial nas diferentes áreas e niveis de atención.
2. Introducir fórmulas de xestión que melloren a accesibilidade e a calidade das prestacións sanitarias mediante a asignación e utilización eficiente de todos os recursos, equilibrando as tarefas asistenciais en función da demanda, promovendo o traballo en equipo e a implicación dos profesionais na xestión, así como a permanente actualización das súas competencias e aptitudes.
3. Establecer unha política de recursos humanos que permita aliñar as necesidades do sistema público de saúde de Galicia coas dos seus profesionais, facendo deste un ámbito de traballo atractivo para os que na actualidade forman parte del, así como os que se incorporen no futuro, promovendo a creación de emprego estable e garantindo a necesaria remuda na prestación asistencial sen afectación dos niveis de calidade e seguridade nela, co fin de acadar un maior grao de eficacia e unha xestión eficiente dos recursos públicos, máxime nun momento como o actual, no que a Administración sanitaria debe desenvolver a súa función no marco da eficiencia e austeridade que require o actual contexto económico.
4. Procurar, de acordo co anterior, un equilibrio entre a xeración de emprego, a necesaria renovación dos cadros de persoal do organismo e a súa estabilidade, dando lugar á entrada no sistema de profesionais novos e cunha formación acorde aos novos modelos de xestión asistenciais e organizativos do Servizo Galego de Saúde.
5. Evitar os custos engadidos na atención hospitalaria ocasionados pola aplicación dos módulos de gardas e a correspondente actividade substitutoria, como consecuencia da posibilidade de exención de gardas para os profesionais de maior idade.
6. Materializar o esforzo que o Servizo Galego de Saúde realiza formando un número importante de profesionais ao facilitar o seu acceso, como residentes en formación, aos centros e institucións sanitarias dependentes das súas estruturas organizativas.
Estes obxectivos toman como referencia as liñas estratéxicas do Servizo Galego de Saúde para os próximos anos:
– Promover a saúde e dar resposta ás necesidades da cidadanía a través dos dispositivos asistenciais e plans específicos.
– Garantir a prestación de servizos no lugar e momento axeitados cos niveis de calidade e seguridade comprometidos.
– Establecer unha política de persoal acorde coas necesidades do sistema e dos profesionais.
– Desenvolvemento de sistemas de información que faciliten a práctica clínica e a toma de decisións.
– Acadar que o sector sanitario actúe como motor de crecemento e impulsar alianzas con todos os axentes implicados.
– Xestión dos recursos de forma óptima e eficiente.
– Modernización das infraestruturas sanitarias.
III. Medidas que se deben adoptar.
As medidas que cómpre adoptar para a consecución dos obxectivos expostos, referentes á xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e que constitúen as liñas xerais da ordenación dos recursos humanos no organismo autónomo neste ámbito, no período de vixencia do presente plan, deben partir das seguintes premisas:
– A adaptación dos recursos existentes ás necesidades asistenciais da poboación, de forma que se garanta a continuidade asistencial nas diferentes áreas e niveis de atención, sen menoscabo dos dereitos dos profesionais recoñecidos no marco normativo vixente.
– A remuda na prestación asistencial, que se efectuará de forma gradual e que permita a renovación dos cadros de persoal do organismo, coa incorporación de novos profesionais por mor da xubilación do persoal que vén prestando servizos nos centros e institucións sanitarias, sen que afecte os niveis de calidade e seguridade da prestación.
No marco das liñas expostas, adoptaranse as seguintes medidas relativas á xubilación do persoal estatutario e a valoración da capacidade funcional:
• I. Xubilación forzosa.
A Lei 55/2003, do 16 de decembro, pola que se aproba o Estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde unifica e substitúe o réxime xurídico aplicable ao persoal estatutario en materia de xubilación por un novo marco regulador que pon fin á dispersión normativa existente ata ese momento, introducindo no seu capítulo V, artigo 26 e na súa disposición transitoria sétima importantes innovacións en materia de xubilación, que posibilitan baixo determinadas circunstancias e coa intervención preceptiva do Servizo de Saúde, a prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo.
Sobre a base do marco normativo e estudos anteriormente expostos, a ordenación dos recursos humanos do Servizo Galego de Saúde, no que atinxe á xubilación dos seus profesionais, seguirá os seguintes criterios:
Primeiro. Regra xeral. Xubilación dos profesionais á idade de xubilación forzosa que resulte en aplicación da normativa vixente en cada momento
No dito senso, a aplicación da xubilación forzosa ao persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde concíbese como unha medida específica de ordenación e planificación dos recursos humanos, para alcanzar os obxectivos enunciados neste plan.
Segundo
Malia o disposto na anterior regra xeral, o persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e das entidades adscritas á Consellería de Sanidade poderá prorrogar e prolongar a súa permanencia no servizo activo nos seguintes supostos:
1. Artigo 26.3 do Estatuto marco (Lei 55/2003, do 16 de decembro). Persoal estatutario que, no momento de cumprir a idade de xubilación forzosa, lle resten seis anos ou menos de cotización para causar pensión de xubilación.
A prórroga no servizo activo, neste suposto, exixirá:
– A acreditación da concorrencia da circunstancia habilitante exposta no artigo 26.3 do Estatuto marco.
– A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.
– A autorización por parte do órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da solicitude da persoa interesada.
A autorización de prórroga no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional do/a solicitante para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento, e en ningún caso pode estenderse fóra da data en que a persoa interesada complete o tempo de cotización mínimo necesario para causar dereito á pensión de xubilación.
2. Artigo 26.2 do Estatuto marco (Lei 55/2003, do 16 de decembro).
A autorización da prolongación da permanencia no servizo activo do persoal estatutario que, non estando incluído nos supostos do artigo 26.3 do Estatuto marco, solicite prolongar a súa permanencia no servizo activo, no momento de cumprir a idade de xubilación forzosa, exixirá:
a) A concorrencia de necesidades asistenciais e/ou organizativas, debidamente xustificadas, que amparen a prolongación solicitada, no marco deste plan, para o que se deberán analizar, entre outros, os seguintes aspectos:
– A pertenza ou non da persoa interesada a unha categoría/especialidade deficitaria no respectivo ámbito de prestación de servizos.
– A previsión de substitución do/a profesional e posibilidade de fidelización ou promoción interna doutros profesionais. A valoración deste aspecto deberá complementarse coa información actualizada que subministren os sistemas de información dispoñibles en cada momento no Servizo Galego de Saúde.
– A cobertura da atención continuada no servizo de adscrición do/a solicitante, así como a súa previsión futura, tendo en conta, entre outros, os datos de idade, exencións de prestación da dita actividade e absentismo no citado ámbito.
b) A acreditación da capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.
c) A autorización polo órgano competente do Servizo Galego de Saúde, logo da solicitude da persoa interesada.
A autorización da prolongación da permanencia no servizo activo supedítase ao mantemento da capacidade funcional da persoa interesada para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento, así como á concorrencia das necesidades asistenciais e/ou organizativas debidamente xustificadas que ampararon a dita prolongación, co límite máximo dos setenta anos de idade.
Terceiro. Regras comúns
A prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo autorizarase por un período inicial dun ano, con posibilidade de prórroga por idénticos períodos, co límite máximo dos setenta anos de idade e condicionada, en todo caso, ao mantemento das circunstancias que se tiveron en conta para autorizar a dita prolongación.
Poderase poñer fin a calquera situación de prórroga e prolongación no servizo activo no momento en que resulte acreditado que a persoa interesada deixou de reunir a capacidade funcional necesaria para exercer a profesión ou desenvolver as actividades correspondentes ao seu nomeamento.
A Administración revisará de oficio as situacións de prolongación de permanencia e prórroga no servizo activo autorizadas, nos supostos de absentismos prolongados e reincidentes do/a profesional con posterioridade á data de autorización, e contrarios á vontade de permanencia no desenvolvemento das funcións manifestada polo/a profesional no seu escrito de solicitude, ou ante calquera outra circunstancia ou manifestación que puidese evidenciar que deixou de reunir o requisito da capacidade funcional.
A prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo enténdese sen prexuízo das potestades administrativas de ordenación e provisión de prazas previstas na normativa vixente e non atribúe ao/á profesional, en virtude da dita prolongación, un dereito á permanencia no mesmo posto de traballo desempeñado ata a data da xubilación.
• II. Xubilación voluntaria total e parcial.
O persoal estatutario poderá acollerse á xubilación voluntaria e parcial nos termos previstos na lexislación da Seguridade Social e na lexislación básica dos empregados públicos.
• III. Procedemento para a resolución das solicitudes de autorización da prolongación.
O procedemento aplicable será o establecido na Orde do 3 de xullo de 2012 pola se regula o procedemento de autorización da prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo do persoal estatutario, ou pola norma regulamentaria que poida modificar ou substituír a dita orde ao abeiro do presente plan. Norma que regulará os diversos trámites, requisitos e fases do devandito procedemento, así como os aspectos relativos á capacidade funcional dos solicitantes.
IV. Vixencia do plan.
O presente plan de ordenación de recursos humanos relativo á xubilación, prolongación da permanencia e prórroga no servizo activo estenderá a súa vixencia desde o 1 de xaneiro de 2014 ata o 31 de decembro de 2017.
Transcorrido o devandito período de vixencia, deberase aprobar un novo plan de ordenación que se axuste á nova realidade existente. No entanto, ata que se aprobe o novo plan, entenderase prorrogado o presente plan de ordenación.