De acordo co disposto no artigo 6.2º da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, dáse publicidade aos cambios producidos na Orde do 1 de outubro de 2013 como consecuencia da Resolución do 19 de novembro de 2013, pola que se modifican os domingos e días festivos hábiles comercialmente para o concello de Narón, e da Resolución do 25 de novembro de 2013, pola que se modifican os domingos e días festivos hábiles comercialmente para o concello de Ferrol, logo da correspondente solicitude dos concellos.
Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público no concello de Narón durante o ano 2014 son:
5 de xaneiro
7 de xaneiro
12 de xaneiro
17 de abril
18 de maio
1 de novembro
6 de decembro
14 de decembro
21 de decembro
28 de decembro
Os domingos e festivos nos cales os establecementos comerciais poderán permanecer abertos ao público no concello de Ferrol durante o ano 2014 son:
5 de xaneiro
7 de xaneiro
17 de abril
18 de maio
6 de xullo
1 de novembro
6 de decembro
14 de decembro
21 de decembro
28 de decembro
Para os restantes concellos comprendidos no ámbito de aplicación da devandita Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, rexerá o disposto na Orde do 1 de outubro de 2013 (DOG do 14 de outubro).
Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2013
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía e Industria