Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 47852

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 220/2013 interposto por María Fidela Martínez Míguez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 220/2013, interposto por María Fidela Martínez Míguez contra a Resolución da Consellería de Facenda, do 26 de xullo de 2013, pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 24 de xullo de 2013, polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos, na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública