Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (257/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 257/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Susana Taboada Pol contra a empresa Moure Pan, S.L., sobre despedimento, se ditou auto con data do 20 de novembro de 2013, cuxa parte dispositiva e do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva do auto.

Dispoño.

Despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da parte executante Susana Taboada Pol fronte a Moure Pan, S.L., parte executada.

Acordar o necesario para a práctica da proba, sen que isto signifique a admisión da proba proposta polo executante, xa que este deberá propoñela e, se é o caso, o/a xuíz/a admitila na comparecencia sinalada.

Notifíquese ás partes e ao executado Moure Pan, S.L. por medio de edicto no Diario Oficial de Galicia e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición, que se deberá interpor no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada, nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz A secretaria xudicial»

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Moure Pan, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013

A secretaria xudicial