Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48084

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 495/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2013.

Vanesa Gestal Queijas, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos, promovidos ante este xulgado sobre dereito e cantidade por instancia de José Miguel Arufe Santos, asistido polo letrado Manuel López Núñez contra a empresa Merca Mourepán, S.L., citada por edictos, que non comparece, e o Fogasa, pronunciou a seguinte sentenza,

Decido estimar parcialmente a demanda interposta por José Miguel Arufe Santos contra Mourepán, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a aboar a cantidade de 3.715,45 euros máis os xuros moratorios do artigo 29.3 do ET.

Non hai lugar para condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación á demandada Mourepán, S.L. expídese a presente cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.