Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (172/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 172/2013, por instancia de Manuel Losada Rey contra o executado Javier Losada Mazua, sobre execución de sentenza ditada no procedemento ordinario 695/2012, se ditou o día 19 de novembro de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 3.432,12 euros de principal, máis 200 euros fixados como honorarios da letrada da parte executante, máis 343,21 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial