Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (124/2013).

Demandante: Carlos Mosquera Ponte.

Avogado: Óscar Rodríguez Mallo.

Demandado: Manuel Míguez Domínguez.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 124/2013, por instancia de Carlos Mosquera Ponte contra o executado Manuel Míguez Domínguez, sobre execución de sentenza ditada no procedemento ordinario 272/2012, se ditou o día 19 de novembro de 2013 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 4.875,03 euros de principal, máis 487,50 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2013

A secretaria xudicial