Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 14 de novembro de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-090/06.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 14 de novembro de 2013

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expte. falta de pagamento: P-090/06.

Expte. construción: PO-92/040, conta 7.

Nome: comunidade hereditaria de José Luis Portabales Acuña. Mª Teresa Santiago Pereira.

Enderezo: rúa Bélxica, número 17, baixo G, Monte Porreiro (Pontevedra).

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte cos artigos 1.091, 1.124, 1.501 e 1.504 do Código civil e á cláusula décimo cuarta da escritura de compravenda, requirímolos para o pagamento dos 34 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao crédito da vivenda por un importe total de 7.936,72 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 9.9.2013, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.12.2010 e o 1.9.2013, facéndolle constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato de compravenda, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselles un prazo de dez (10) días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e acheguen a documentación que xulguen conveniente.

Advertímoslles que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato.