Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 13 de decembro de 2013 Páx. 48133

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 19 de novembro de 2013, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se lles notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pago P-119/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 19 de novembro de 2013

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expte. falta de pagamento: P-119/13.

Expte. construción: PO-82/020, conta 6.

Nome: – Comunidade hereditaria de Amador Torrado Muñiz:

Elena Torrado Meaños, María Torrado Meaños e Alicia Torrado Meaños.

– Mª del Carmen Meaños Ojeda.

Enderezo: rúa Barrio Nuevo, número 6, 2º B, 36060 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: consonte o artigo 30 do texto refundido de vivendas de protección oficial; Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no ordinal primeiro do artigo 138 do Regulamento de vivendas de protección oficial; Decreto 2114/1968, do 24 de xullo; requirímolos para o pagamento dos 121 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes ao crédito da vivenda por un importe total de 16.520,00 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 14.10.2013, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.11.2001 e o 1.11.2011 (data de fin de facturación do crédito da vivenda).

De acordo coas obrigas dimanantes do contrato de compravenda, co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 da LRX-PAC, concédeselles un prazo de dez (10) días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e acheguen a documentación que xulguen conveniente.

Advertímoslles que, en caso de non atender este requirimento, se procederá á resolución do contrato.