Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47833

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual da parcela Z4 R9L do Plan parcial do sector S-2, San Pedro de Visma (631/1/2013).

O Pleno Municipal, en sesión que tivo lugar o día 8 de outubro de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o documento de modificación puntual da parcela Z4 R9L do Plan parcial do sector S-2 San Pedro de Visma, promovido pola Xunta de Compensación do sector S-2 polígono San Pedro de Visma.

Segundo. Notificarlles este acordo ao promotor, aos titulares catastrais, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, oficina do SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas.

Terceiro. Dilixenciar o documento e ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a entrada en vigor da modificación puntual do plan parcial».

En cumprimento do disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), a documentación da citada modificación tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 5 de novembro de 2013.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A modificación puntual entrará en vigor aos quince días hábiles da súa publicación no BOP (artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local).

A Coruña, 7 de novembro de 2013

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo