Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO de información pública relativo a unha estación de almacenamento de GLP na Cabrita-Mercurín.

Tamara López García, en representación da sociedade L.P. Aves, S.C., solicitou desta alcaldía licenza municipal para instalación de estación de almacenamento de G.L.P. A-35 con dous depósitos aéreos de 6,65 m3, cada un e instalación receptora de 650 kW para a subministración a unha granxa avícola, na Cabrita-Mercurín. Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, a fin de que durante ese tempo –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia ou no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se coiden oportunas.

Boimorto, 4 de decembro de 2013

José Ignacio Porto Vázquez
Alcalde