Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47828

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación da instalación e explotación dun servizo de telefonía e televisión nos cuartos dos pacientes e cabinas telefónicas públicas dos centros hospitalarios Montecelo, Provincial e O Salnés, dependentes da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB-EIP1-13-018).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-13-018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo especial.

b) Descrición: instalación e explotación dun servizo de telefonía e televisión nos cuartos dos pacientes e cabinas telefónicas públicas dos centros hospitalarios Montecelo, Provincial e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega:

– Hospital Montecelo, Mourente s/n, 36071 Pontevedra.

– Hospital Provincial, r/ Loureiro Crespo nº 2, 36001 Pontevedra.

– Hospital O Salnés, r/ Hospital de O Salnés nº 30, 36616 Vilagarcía de Arousa.

e) Prazo de execución/entrega: 48 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 51300000-5, 51340000-7 e 51312000-2.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: –.

5. Orzamento base de licitación:

Canon mínimo anual: 18.000,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: cinco mil euros (5.000,00 €).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, finalizará o día hábil seguinte), ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: r/ Loureiro Crespo, nº 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Admisión de variantes, se procede: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e C dando lectura ás propostas.

b) Dirección: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: –.

d) Data e hora: a data e hora da apertura dos sobres B e C publicarase no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. O importe estimado máximo, salvo revisión de tarifas, DOG: 5,42 €/liña (se é urxente, 10,82 €/liña).

Pontevedra, 19 de novembro de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5 de xullo de 2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés