Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47834

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de modificación de anuncio (S-16/2013).

En cumprimento da Resolución da tenente de alcalde delegada de Contratación, do 14 de novembro de 2013, de modificación do prego de prescricións técnicas regulador da contratación da subministración de papel branco e timbrado para o Departamento de Reprografía (S-16/2013), iníciase un novo prazo de presentación de ofertas, polo que procede rectificar o anuncio publicado nese Diario Oficial de Galicia do 3 de setembro de 2013, número 167, páxina 35062, no punto seguinte:

8. Presentación de proposicións: a) Data límite de presentación: debe constar ata as 13.00 horas do día 30 de decembro de 2013.

A Coruña, 21 de novembro de 2013

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública