Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de liquidación de sociedade de gananciais número 984/2013, seguido por instancia de Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez, representada polo procurador Manuel Castells López, fronte a Christian Enrique Ceballos, se ditou auto o 18 de novembro de 2013, cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:
«Auto.
Xuíza/maxistrada-xuíza: María Isabel Benito Sánchez.
En Vigo o dezaoito de novembro de dous mil trece.
Parte dispositiva.
Acordo:
1. Aprobar a proposta sobre a liquidación do réxime económico matrimonial de sociedade de gananciais presentada polo procurador Manuel Castells López, en nome e representación de Natalia Verónica Rodríguez Gutiérrez, o 2 de setembro de 2013, tendo por conforme con esta o demandado non comparecido Christian Enrique Ceballos.
2. Expedir testemuño da presente para a súa unión aos autos e unir o orixinal ao libro correspondente.
Modo de impugnación: mediante recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela. Na interposición do recurso o apelante deberá expoñer as alegacións en que se basee a impugnación, ademais de citar a resolución apelada e os pronunciamentos que impugna. O devandito recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigos 456.2 e 458 LAC).
Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.
O depósito deberá constituírse ingresando a citada cantidade na conta deste expediente con número 3632 0000 39 0984 13, da entidade Banesto, sinalando, no campo “concepto”, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separada por un espazo, a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.
No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións, a data da resolución recorrida co formato dd/mm/aaaa.
Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe».
A xuíza/maxistrada |
A secretaria xudicial |