Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 12 de decembro de 2013 Páx. 47778

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (2967/2013).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 2967/2013 desta Sección, seguido por instancia do Concello de Vigo contra a empresa Voga Eventos, S.L. e outros sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos:

Que, con desestimación do recurso de suplicación interposto polo Concello de Vigo, confirmamos a sentenza que con data do 20 de maio de 2013, foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, por instancia de María José García Oliveira, e pola que se acolleu en parte a demanda formulada.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Voga Eventos, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Velázquez Moreno, 9, de Vigo, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de novembro de 2013

A secretaria xudicial